Soporte lóxico de xestión GECO

A túa solución ideal para grandes volumes de envíos.

Descarga GECO segundo o sistema operativo do teu ordenador

Esta descarga non está dispoñible para dispositivos móbiles ou tablets.

MAC-OS
WINDOWS 32bits
WINDOWS 64bits
ID único GECO
ID único GECO
Descarga o Manual Básico de GECO

GECO é un soporte lóxico gratuíto que poderás instalar no teu ordenador para xestionar os teus pedidos de xeito rápido e sinxelo. Ademais, ofrece modelos flexibles e escalables a grandes volumes de envíos e conta coa capacidade de ser automatizado, sendo a opción ideal para aqueles clientes de paquetería cun volume de envíos medio ou alto e con limitacións para realizar unha integración. 

Para a instalación de GECO é necesario un arquivo de configuración personalizado que che facilitaremos dende Correos, exclusivo para Clientes con Contrato.

Este servizo está dispoñible para moitos dos nosos produtos:

Paquetería Nacional:

  • Paq Today: a domicilio, en oficina e en CityPaq.
  • Paq Premium: a domicilio, en oficina e en CityPaq.
  • Paq Premium: a domicilio, en oficina e en CityPaq.
  • Paq Lixeiro.
  • Paq Retorno.
  • Paq Retorno Premium.

Paquetería Internacional:

  • Paq Premium Internacional.
  • Paq Standard Internacional.
  • Paquete Internacional Light.
  • Paquete Internacional Económico.

E dispoñerás dunha gran variedade de funcionalidades:

  • Xerar a etiqueta do envío para imprimir no momento e pegala ao paquete, xa for por unidade ou por carga de ficheiros de grandes volumes de envíos.
  • Realizar envíos monovulto e multivulto.
  • Incluír servizos adicionais, como reembolso, seguros...
  • Solicitar recollidas xerando un ficheiro a través de Mi Oficina.
  • Envíos nacionais con destino a Portugal e documentación aduaneira dos envíos que o requiran.

Reduce o tempo que dedicas á xestión dos envíos co noso servizo de entrega. Dende Correos encargámonos de todo para que poidas dedicar os teus esforzos ao teu negocio. 

Se aínda non es cliente, contacta co noso servizo de Atención ao Cliente no 915 197 197 e informámoste.