Comeza a vender online con Correos e Kit Dixital

Benefíciate do Kit Dixital e deixa que en Correos deseñemos e poñamos en marcha a túa tenda online. Só te terás que preocupar de vender.

Coñeces o programa Kit Dixital?

É unha iniciativa do Goberno de España, dirixida a autónomos e pemes de entre 0 a 50 empregados, que ten como obxectivo subvencionar a implantación de solucións dixitais no mercado para conseguir un avance significativo na dixitalización de empresas.

Correos, o teu axente dixitalizador

A nosa misión como empresa é estar xunto ás pemes para impulsalas e axudalas a crecer.
Queremos axudarte deseñando e poñendo en marcha a túa tenda online para que comeces a vender o antes posible.
Cunha plataforma doada de usar para que poidas autoxestionar os teus pedidos, produtos, informes de vendas...
Integrada con diferentes métodos de pagamento e idiomas, coa intención de que poidas vender en todas as partes do mundo. 
Sen esquecernos da optimización e posicionamento SEO para que os teus clientes poidan atoparte doadamente.
E todo da man dunha das empresas con maior experiencia loxística do país. Aprovéitate do noso coñecemento.

Que inclúe o noso paquete dixitalizador?

CONTRATAR

Kit Dixital - Consigue o teu bono para a dixitalización da túa empresa

A quen vai dirixido?

O programa está orientado ás necesidades das pequenas empresas, microempresas e traballadores autónomos a nivel nacional, que pertenzan a calquera sector ou tipoloxía de negocio. Se cumpres coas condicións establecidas nas bases da convocatoria da axuda do Kit Dixital, poderás dispoñer dun bono dixital que che permitirá acceder ás solucións de dixitalización.

Como conseguir o bono?

Se cumpres coas condicións establecidas nas bases da convocatoria da axuda do Kit Dixital, poderás dispoñer dun bono dixital que che permitirá acceder ás solucións de dixitalización. Descarga a Guía rápida para saber máis.

Como solicitar a axuda?

Rexístrate no Portal Acelera Peme e realiza o test de autodiagnóstico para coñecer o grao de dixitalización do teu negocio.
Solicita o teu bono de kit dixital na sede electrónica de Red.es
Unha vez concedido o bono, comezaremos a traballar na dixitalización do teu negocio

Axudámoste a dixitalizar o teu negocio

Dende Correos, queremos axudarche a xestionar o teu Kit Dixital e dotarte das ferramentas dixitais necesarias para acceder a novos mercados e desenvolver todo o potencial da túa empresa. 
MÁIS INFO

Preguntas frecuentes

Como elixo que solución dixitalizadora precisa o meu negocio?

Para saber que grao de dixitalización precisa o teu negocio e cales son soluciónela  dixitais que mellor poden encaixar contigo, accede  á web de Acelera Peme e realiza o test de autodiagnóstico. Poderás coñecer o teu nivel de madureza dixital e obter unha folla de ruta cos pasos a establecer para dixitalizar o teu negocio.

Cando podo solicitar a axuda do kit dixital?

A solicitude da axuda será por convocatorias duns 3 meses de duración, ou ata esgotar fondos, e terá distintos prazos segundo o tamaño da empresa.

  1. A primeira convocatoria foi para empresas de entre 10 e 50 empregados e está aberta dende o 15 de marzo.
  2. A segunda convocatoria está prevista para finais de xullo, e está dirixida a empresas de entre 3 e 9 empregados.
  3. A terceira e última, estará dirixida a empresas con 1 e 2 empregados, e espérase para setembro. 

Canto diñeiro podo solicitar?

Se consegues o teu bono dixital, poderás acceder a un máximo de importe segundo o tamaño da túa empresa.

O bono poderase utilizar para un ou máis servizos dixitalizadores ata completar o importe concedido.

O importe máximo para a axuda amósase a continuación:

  • Segmento I. Pequenas empresas de entre 10 e menos de 50 empregados: 12.000 €
  • Segmento II. Pequenas empresas ou Microempresas de entre 3 e menos de 10 empregados: 6.000 €
  • Segmento III. Pequenas empresas ou microempresas de entre 1 e 2 empregados e autónomos: 2.000 €

 

Que é un axente dixitalizador?

Son os encargados de prestar ou implantar as Solucións de Dixitalización. Están dados de alta e autorizados por red.es para conceder os seus servizos. Hai moitos axentes dixitalizadores, e podes traballar con máis de un para distintas solucións dixitalizadoras, ata gastar o importe do teu bono.

Como me pode axudar Correos como axente dixitalizador?

En Correos contamos cunha ampla rede comercial que te poderá guiar e apoiar durante todo o proceso de solicitude do Kit Dixital.

Unha vez consigas o bono, podemos axudarte deseñando e poñendo en marcha a túa tenda online, para que te poidas dedicar a vender dende o primeiro día, usando unha plataforma sinxela, flexible e que poderás xestionar de forma autónoma.

Que requisitos preciso cumprir para solicitar o kit dixital?

  • Ser unha pequena empresa, microempresa ou autónomo.
  • Cumprir os límites financeiros e efectivos que definen as categorías de empresas.
  • Estar en situación de alta e ter unha antigüidade mínima de dous anos.
  • Non ter consideración de empresa en crise.
  • Estar ao corrente das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social.
  • Non estar suxeita a unha orde de recuperación pendente da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
  • Non incorrer en ningunha das prohibicións previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
  • Non superar o límite de axudas mínimas (de pequena contía).

Como accedo á Plataforma de Tramitación do Kit Dixital?

Pódese acceder á Plataforma de Tramitación a través da seguinte ligazón: https://portal.gestion.sedepkd.red.gob.es/portal/kitdigital A continuación, deberase seleccionar o espazo ao que se desexe acceder en función de si se trata dunha Peme/Autónomo ou un Axente Dixitalizador Adherido.

Preciso axuda

Se precisas resolver calquera pregunta ou dubida sobre o Kit Dixital podes poñerte en contacto connosco ou coa oficina de Acelera Peme:

  • info@acelerapyme.gob.es
  • 900 909 001
  • L-V 09:00 - 18:00 h.
CONTACTA CONNOSCO