Vender en Marketplaces

Vende en todo o mundo a través dos marketplaces máis importantes e xestiona todos os teus pedidos dende unha soa plataforma coa nosa solución Vender en Marketplaces

Dende

19,95 €

QUERO VENDER
Vender en Marketplaces Dende 19,95 € QUERO VENDER

Por que con Correos

En Correos axudámoste a xestionar todos os teus pedidos nos mellores marketplaces a nivel nacional e internacional, dende unha única plataforma:

Xestiona os teus pedidos nun único punto para telo todo de xeito centralizado.
Sen necesidade de ter tenda online poderás centralizar a xestión dos pedidos nos diferentes marketplaces.
Conecta as contas de vendedor de máis de 50 marketplaces a nivel nacional e internacional como Amazon, eBay, AliExpress e moitos máis...
Integrado coa loxística do Grupo Correos.
Xera toda a documentación aduaneira para a exportación dos teus pedidos.

Marketplaces

Elixe o plan que máis se adapte ao teu negocio: Free, Basic ou Premium.
Conecta as túas contas de vendedor nos diferentes marketplaces.
Integra o teu contrato loxístico de Correos ou Correos Express.
 Xestiona os teus pedidos dende un único punto.

Elixe o teu plan

Free

Xestiona en Marketplaces gratis GRATIS

Basic

Xestiona en Marketplaces a nivel nacional 19,95 €/mes

Premium

Xestiona en Marketplaces nos mercados mundiais 49,95 €/mes

(1) Os plans desta solución non inclúen a alta nos distintos marketplaces dispoñibles para conectar. O cliente, para conectar un marketplace, previamente deberá terse dado de alta no marketplace, asumindo as condicións e obrigas que fixe o marketplace.

(2) A xestión de pedidos require dispoñer dun contrato activo de paquetería de Correos, nacional ou internacional, segundo se precise, asinado cun xestor comercial de Correos. Os límites de pedidos son mensuais e totais (sumados os distintos tipos de envío, nacionais e/ou internacionais, dun mes). Máis información sobre contratación de paquetería de Correos na web de correos (www.correos.es) 

Preguntas frecuentes

Que é Solucións ecommerce: Vender en Marketplaces?

É unha Solución ecommerce de Correos que che permite xestionar todos os teus pedidos nos principais marketplaces de todo o mundo e da forma máis sinxela, xa que non precisas dispoñer dunha tenda online.

Onde podo vender?

Poderás vender en calquera marketplace onde previamente te rexistrases como vendedor.

Lembra que debes aceptar as condicións de cada un dos marketplaces onde queiras publicar o teu produto, así como as súas condicións legais e comerciais.

Cando podo usar este servizo?

Podes comezar a usar este servizo xa, só te tes que rexistrar e conectar as túas contas de vendedor para xestionar os teus pedidos

Como o podo utilizar?

Simplemente rexístrate na plataforma, engade a información de configuración necesaria para poder conectarte nos marketplaces (esta información obtense ao rexistrarte como vendedor neles). Se tes calquera dúbida, podes contactar co noso servizo de atención ao cliente que te guiará nos pasos a seguir para conectar as túas contas de vendedor. 

Cando se produzan vendas, poderás acceder a esta ferramenta onde, de xeito centralizado, poderás ver as vendas realizadas e xestionar todos os teus envíos utilizando a paquetería de Correos de forma sinxela. Se aínda non tes un contrato con Correos, contacta connosco e axudarémoste a xestionalo. 

Canto me custa este servizo?

Dispoñemos de tres plans de tarifas axeitados ás necesidades de cada un dos clientes.

Plan Premium: 49,95 €/mes. Co plan Premium podes conectar todas as contas que teñas nos diferentes marketplaces, e xestionar todos os teus pedidos dende a nosa plataforma, xa sexan nacionais ou  internacionais 

Plan Basic: 19,95 €/mes. Con este plan poderás conectar as túas contas en marketplaces nacionais, e xestionar ata 100 pedidos ao mes. 

Plan Free: para probar gratis. Este plan está pensado para que probes a nosa ferramenta de venda en marketplaces. Poderás conectar ata dous marketplaces nacionais e xestionar 10 pedidos ao  mes. 

Aínda tes máis dúbidas?

900 111 233

Luns a venres laborables 10 h a 18 h.

info@correosecommerce.com

Escríbenos e contestarémosche nun prazo de 24 h

Chat

Chatea co noso equipo de soporte. Luns a venres de 10 h a 18 h

Soporte

Páxina de soporte para resolver as túas dúbidas