Franqueo en destino

Recibe as respostas dos teus clientes nun único punto e sen custo para eles.

Información do produto

Descrición

O servizo Franqueo en Destino ofréceche a posibilidade de recibir os pedidos, solicitudes de promocións, devolución da documentación completada, respostas a enquisas e formularios de calidade por parte dos teus clientes, nun único punto centralizado e sen custo ningún para eles.

Iso si, necesitamos que o deseño do sobre ou tarxeta de Franqueo en Destino para o ámbito nacional se axuste a unha serie de características:

  • A inclusión da identificación de Correos como provedor do servizo: "España", a cornamusa, a indicación "Franqueo en destino" e as siglas FD.
    • As medidas de referencia para estas indicacións en caixa serán de:
    • 52 x 22 mm
    • 19,8 x 22 mm.
  • O anverso dos sobres ou tarxetas postais utilizables no servizo Franqueo en Destino debe axustarse a un modelo de referencia:
    • Barra vertical de cor azul (Pantone 541 C) ou negra.
    • Espazo reservado para a indexación: 15 mm no bordo inferior.
    • Posibilidade de utilizar a cor gris ou negra en toda a grafía preimpresa.
    • Posibilidade de inserir no ángulo superior esquerdo "resposta comercial".
    • Posibilidade de incorporar imaxe e publicidade do cliente na marxe esquerda do anverso do sobre.

Prezos

Se queres que che fagamos unha oferta personalizada, déixanos os teus datos neste formulario.