Portal de devolucións

O Portal de Devolucións de Correos permíteche xestionar con Correos as devolucións dos teus pedidos, tanto nacionais (Paq Retorno) coma internacionais (Paq Return).

Do xeito máis áxil e sinxelo:

  • Envías un email ao comprador cunha ligazón.
  • O comprador segue a ligazón e obtén a etiqueta do seu envío de devolución,
  • Xa pode acudir a calquera das Oficinas de Correos a depositar o seu envío completamente gratis (o importe será facturado ao teu contrato).

O Portal de Devolucións de Correos ofréceche ademais outras posibilidades:

  • Asegurar os envíos,
  • Ofrecer ao comprador unha embalaxe para o seu envío completamente gratis (o importe será facturado ao teu contrato).

 

Se estás interesado en ofrecer aos teus clientes a mellor opción para as súas devolucións contacta co teu Xestor Comercial en Correos.