Os envíos da túa tenda online máis doados ca nunca. Cada vez son máis os comercios que ofrecen a opción Citypaq como forma de envío, xa que grazas aos nosos terminais poden realizar entregas en todo o país. Ti só terás que elixir o teu Citypaq máis próximo e deixar os pedidos da túa tenda online, dende Correos encargámonos de todo.
Para ofrecer Citypaq como modalidade de recollida no teu ecommerce, debes dispoñer de contrato de paquetería con Correos para realizar envíos a Citypaq.
Se a túa tenda online está deseñada coas solucións ecommerce de Correos ou con Prestashop, Magento ou WooCommerce, só terás que instalar os módulos e plugins de Correos como transportista para envíos. Despois, decide como mostrar aos teus clientes os terminais Citypaq dispoñibles, a través dun mapa ou listaxe.
Facilita a devolución de paquetes aos teus clientes a través do servizo de devolución de Citypaq. Poderán xestionar a devolución dos seus pedidos a través dos terminais intelixentes de Correos.
Para ofrecer esta función, debes contratar o noso servizo de loxística inversa con Correos. Indica nas instrucións de devolución a opción de entrega en puntos Citypaq.
Listo! Os teus clientes poderán xestionar as súas devolucións a través dos Citypaq distribuídos por todo o país.
Neste caso, incluír a rede Citypaq é inmediato. Só tes que engadir na listaxe de oficinas os puntos Citypaq. Sen integracións, de forma áxil e sinxela.
Se xa tes o teu contrato con Correos Paquetería, contacta con Atención Comercial e consulta o teu Xestor.
Utiliza os terminais Citypaq do teu establecemento en formato Click&Collect. O punto Citypaq utilizarase de forma compartida como parte da rede de terminais e para as túas entregas Click&Collect. Se o prefires, podes contratar o servizo en uso exclusivo, só dispoñible para os teus clientes. Ti elixes!
Para utilizar este servizo de Click&Collect, podes utilizar a nosa app Citypaq Partners ou desenvolver unha integración vía API entre os teus sistemas de xestión de puntos de venda e Citypaq.