Caixa de correo de Vacacións

Pecha por vacacións, en Correos coidamos dos teus envíos.

Dende

12,75 €

QUÉROO
Caixa de correo de Vacacións Dende 12,75 € QUÉROO

Como contratalo online

Completa o formulario de subscrición online ou ven a calquera das nosas oficinas e complétao alí contratando a Caixa de Correo de Vacacións.
Facilítanos o CIF e as escrituras da túa empresa e o DNI de cada un dos titulares e autorizados a utilizar o servizo. Asegúrate que a documentación sexa correcta e estea completa.
Realiza o pagamento e se o contratas online engade o código BUZONDEVACACIONES para non pagar gastos de envío.

Información do produto

Descrición

A túa empresa tamén precisa un respiro. Coa nosa Caixa de Correo de Vacacións poderás gozar duns días libres sen te preocupar por nada, xa que dende Correos encargámonos de gardar todos os teus envíos ata que volvas:

  • Exclusivo para o teu negocio: só se pode incluír unha empresa por caixa de correo contratada, aínda que haxa outros comercios na mesma sede social.
  • Pola túa tranquilidade: gardamos tanto os teus envíos ordinarios coma os avisos de chegada dos certificados. Ademais, co servizo gratuíto de avisos por SMS, avisarémoste de que tes un envío rexistrado na túa caixa de correo para que poidas recollelo dentro do prazo. 
  • Axustado ás túas necesidades: este servizo pode contratarse en calquera das nosas oficinas e online, dende 1 a 14 semanas.
  • Adaptado á túa empresa: ti decides cando comeza o servizo. Iso si, precisamos que sexa polo menos 72 horas despois da contratación para xestionar a activación correctamente.
  • Máis práctico: pódense facer retiradas ocasionais dos envíos mentres o servizo está dispoñible.
  • Máxima comodidade: ao finalizar o servizo, elixe se che levamos os teus envíos onde nos indiques ou se os prefires recoller na oficina de Correos na que estea a túa Caixa de Correo. 

Garantías

Con todas as garantías que ofrecemos dende Correos, aseguramos a máxima confidencialidade e seguridade dos envíos depositados na caixa de correo.

Prezos

Se queres que che fagamos unha oferta personalizada, déixanos os teus datos neste formulario.