Máxima confianza e protección para os teus envíos máis importantes.
Xustificante da entrega certificado, asinado electronicamente con selo de tempo e co detalle da sinatura do destinatario, enviado mediante un arquivo PDF. Con toda a garantía de Correos.
Pódese comprobar a través do visor de CSV (Código Seguro de Verificación) que che permite descargar o arquivo para comprobar a integridade e autenticidade do selo de tempo e das sinaturas que contén.
Confirmación de entrega por escrito, de maneira que quede constancia de cando e quen recibiu o envío.
Supón unha indemnización máxima de 3.000 €, segundo a cantidade asegurada.
No caso de ser un Paquete Internacional Económico, o límite máximo é de 3.000 € e é necesario que o país de destino o admita:
Podes solicitar a devolución, modificación ou corrección do enderezo postal do envío. Se a petición se realiza por telégrafo, terás que aboar o prezo do servizo telegráfico correspondente.
Este servizo préstase por cada envío remitido, non por remesas.
Para clientes con contrato.
Podes solicitar este servizo para os teus envíos máis importantes.
Para clientes con contrato.
Solicita o seguimento telemático dos teus envíos a través da web ou do intercambio de ficheiros.
Para clientes con contrato.
Solicita o seguimento telemático dos teus envíos a través da web ou do intercambio de ficheiros. Informarémoste do último estado coñecido e rexistrado do teu envío, dos datos da persoa que o recolleu, da data e hora de entrega ou intento de entrega e de calquera circunstancia que o afecte.
Transcorridos 40 días naturais dende a data de depósito dunha remesa de envíos, realizaremos un proceso informático para detectar aqueles que non teñan informado o resultado e solicitaremos ás nosas oficinas de distribución a información necesaria para rexistrar a resposta correspondente.
Para clientes con contrato.
Optimizámosche a calidade dos teus enderezos.
Para clientes con contrato.
Ofrecémosche unha ferramenta clave para optimizar a calidade dos teus enderezos e que as túas campañas cheguen aos teus clientes potenciais. A normalización pode ser manual ou automática. Analizamos e corriximos os ficheiros de enderezos en formato estándar e enriquecemos as túas bases de datos para mellorar as túas comunicacións comerciais.
Para clientes con contrato.
Solicita este servizo para que Correos ordene os teus envíos por ámbito e códigos postais, requisito imprescindible para presentar a correspondencia nas unidades de admisión masiva.
Para clientes con contrato.
Solicita que dixitalicemos os xustificantes de recepción dos envíos entregados e non entregados. Ademais, ofrecemos a posibilidade de entregar as imaxes escaneadas, asinadas electronicamente cun certificado dixital e con selo de tempo.
Para clientes con contrato.
Solicita que dixitalicemos os xustificantes de recepción dos envíos entregados e non entregados. Ademais, ofrecemos a posibilidade de entregar as imaxes escaneadas, asinadas electronicamente cun certificado dixital e con selo de tempo.
Transcorridos 60 días naturais dende a data de depósito dunha remesa de envíos, realizaremos un proceso informático para detectar aqueles que non teñan imaxe escaneada e emitiremos unha certificación co estado da entrega, os datos da persoa que o recolleu, relación co destinatario, data e hora do intento ou intentos de entrega, identidade e sinatura do traballador de Correos e selo da oficina correspondente.
Para os envíos sen resposta nin imaxe, gravarase o resultado «Extraviado» e dixitalizarase unha certificación acreditativa que irá asinada polo responsable correspondente.
Para clientes con contrato.
Recollemos os teus paquetes no teu domicilio ou almacén. A dispoñibilidade depende do volume do envío e do punto de recollida.
Unha Carta Certificada é a mellor opción para enviar documentos importantes que conteñen datos persoais como contratos ou orzamentos asinados.
Ti elixes a embalaxe perfecta. Iso si, necesitamos que o tamaño se axuste a estas medidas:
Como máximo:
Como mínimo:
Se queres enviar algo máis pequeno, non te preocupes, só terás que engadirlle unha etiqueta de 10 x 7 cm na que apareza o enderezo e o franqueo.
E que non supere os 2 kg!
Xa só queda que nos digas onde queres que o levemos:
Se o teu envío sofre algunha incidencia ao chegar ao seu destino, dende Correos indemnizámoste. Se prefires que a compensación sexa cobrada polo destinatario, deberás presentarnos unha autorización asinada.
Sabemos que confías en nós e este é o noso xeito de agradecercho:
Garantías nacionais:
Por deterioración e por extravío:
Garantías Internacionais:
Por deterioración e por extravío:
Iso e entregar o teu envío o máis rápido que poidamos.
Localiza a túa oficina de entrega máis próxima e tráenos o teu envío. Entregarémolo nun prazo estimado desde o seu depósito de 4 días no 93 % dos envíos.