Paq Light Internacional

Envíos lixeiros que chegan a todas as partes.

Dende

14,60 €

ENVIAR
Paq Light Internacional Dende 14,60 € ENVIAR
Selecciona ENVIAR e rexistra previamente os teus envíos de xeito online para axilizar o proceso ou visítanos nalgunha das nosas oficinas.
Indica que tipo de envío desexas realizar, completa os datos e se desexas incluír algún servizo engadido.
Realiza o pagamento con tarxeta bancaria, PayPal ou a través das nosas oficinas.
Imprime as etiquetas que identifican os paquetes e lévaos a unha das nosas oficinas de Correos.

Información do produto

Descrición

O Paq Light Internacional é a mellor opción para os envíos lixeiros que necesitan chegar máis lonxe:

  • Prioritario: entregas en domicilio sen necesidade de sinatura e con carácter preferente.
  • Pola túa tranquilidade: inclúe seguimento informatizado do teu envío e retorno de información. Ademais, se es Cliente con Contrato e queres asegurarte de que o teu paquete chega ao seu destino, podes solicitar a xestión de incidencias e retorno de información.
  • A todas as partes: para envíos internacionais.

Detalles de envío

Ti elixes a embalaxe perfecta. Temos unha morea de produtos dispoñibles na nosa Tienda Online e en todas as oficinas de Correos!

Iso si, necesitamos que o tamaño se axuste a estas medidas:

Como máximo:

  • Caixa: Longo + Alto + Ancho = 90 cm, sen que ningunha supere os 60 cm.

Como mínimo:

  • Sobre ou caixa: 15 x 10 x 1 cm.
  • Rolo ou tubo: Longo + dúas veces o diámetro = 17 cm, sen que ningunha medida sexa inferior a 10 cm.

E que non supere os 2 kg de peso real!

Xa só queda que nos digas onde queres que o levemos:

  • É importante que os teus datos e os do destinatario estean nun lugar visible sobre a embalaxe.
  • Lembra que podes xerar a etiqueta e pagar o envío aquí mesmo.

E o ámbito ao que pertence o país de destino:

  • Zona A: Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, Francia, Xibraltar, Grecia, Irlanda, Italia, Illa de Jersey, Luxemburgo, Noruega, Países Baixos, Portugal, Reino Unido, Suecia e Suíza.
  • Zona B: Chipre, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Federación Rusa, Finlandia, Hungría, Islandia, Letonia, Lituania, Malta, Polonia, Rep. Checa, Serbia, Turquía.
  • Zona C: Aruba, Barbados, Brasil, Canadá, México, Rep. Dominicana.
  • Zona D: Arabia Saudita, Australia, China, Corea do Sur, Xeorxia, Hong Kong, Indonesia, Israel, Xapón, Líbano, Malaisia, Nova Zelandia, Singapur e Tailandia.
  • Zona E: Exipto, Suráfrica e Suazilandia.

Importante! Lembra que estes envíos non se poden dirixir nin a Apartados Postais nin a Lista de Correos.

Garantías e prazos de entrega

O Paq Light Internacional non ten indemnización. Se necesitas que o prazo de entrega estea garantido, proba o noso Paq Premium Internacional.

Localiza a túa oficina de Correos máis próxima e tráenos o teu envío, entregarémolo o máis rápido que poidamos.

  • Europa: 3 - 5 días.
  • Rusia: dende 9 días.
  • América: 5 - 8 días.
  • Asia: 6 - 8 días.
Condicións dos servizos paquetería internacional - Outubro 2019

Prezos

Se queres que che fagamos unha oferta personalizada, déixanos os teus datos neste formulario.