Paquete Internacional Standard

Os teus envíos viaxarán en preferente, sen baleirarche os petos.

ENVIAR Faite cliente
Paquete Internacional Standard ENVIAR

Servizos adicionais

Seguros

Asegura aínda máis os documentos ou mercadorías máis importantes.
MÁIS INFO
Selecciona ENVIAR e rexistra previamente os teus envíos de xeito online para axilizar o proceso ou visítanos nalgunha das nosas oficinas.
Indica que tipo de envío desexas realizar, completa os datos e se desexas incluír algún servizo engadido.
Realiza o pagamento con tarxeta bancaria, PayPal ou a través das nosas oficinas.
Imprime as etiquetas que identifican os paquetes e lévaos a unha das nosas oficinas de Correos.

Información do produto

Descrición

Se queres o mellor prezo para eses envíos que non poden esperar, o Paquete Internacional Standard é a túa opción ideal:

  • Á túa medida: envíos con carácter preferente ao mellor prezo.
  • Maior seguridade: entrega a domicilio e baixo sinatura do destinatario.
  • Pola túa tranquilidade: ampla cobertura mundial e garantías de Correos. Ademais, se es Cliente con Contrato e queres asegurarte de que o teu paquete chega ao seu destino, podes solicitar a xestión de incidencias e retorno de información.
  • A todas as partes: para os destinos internacionais que admitan este servizo.

Detalles de envío

Ti elixes a embalaxe perfecta. Podes comprar un montón de produtos dispoñibles na nosa Tenda Online e en todas as oficinas de Correos!

Iso si, necesitamos que o tamaño se axuste a estas medidas:

Como máximo:

  • Caixa: Longo + Alto + Ancho = 200 cm, sen que ningunha supere os 105 cm.
  • Rolo ou tubo: Longo = 100 cm e Diámetro = 15 cm.

Como mínimo:

  • Sobre ou caixa: 14 x 9.
  • Rolo ou tubo: Longo + dúas veces o diámetro = 17 cm, sen que ningunha medida sexa inferior a 10 cm.

Se queres enviar algo máis pequeno, non te preocupes, só terás que engadirlle unha etiqueta de 10 x 7 cm na que apareza o enderezo e o franqueo.

E que non supere os 30 kg de peso real! (segundo o país de destino).

O peso volumétrico xa o calculamos nós.

Xa só queda que nos digas onde queres que o levemos:

  • É importante que os teus datos e os do destinatario estean nun lugar visible sobre a embalaxe.
  • Lembra que podes xerar a etiqueta e pagar o envío aquí mesmo.

Importante! Lembra que estes envíos non se poden dirixir nin a Apartados Postais nin a Lista de Correos.

Que é o peso volumétrico? Consulta as zonas internacionais e como se dividen

Garantías e prazos de entrega

Se o teu envío sofre algunha incidencia ao chegar ao seu destino, dende Correos indemnizámoste. Se prefires que a compensación sexa cobrada polo destinatario, deberás presentarnos unha autorización asinada.

Sabemos que confías en nós e este é o noso xeito de agradecercho:

Anexo I. Condicións para os prazos de entrega paquetería internacional
Garantías Internacionais:
Por extravío:
  • Prazos para poder formular unha incidencia ou reclamación: mínimo 15 días e máximo 6 meses, dende a data de admisión do envío.
  • Indemnización: tarifa aboada + 40DEG + 4,5 DEG/kg.
  • Se o envío ten contratado Seguro ou Valor Declarado, cuxa cobertura máxima son 3.000 €, a indemnización sería a tarifa aboada + Seguro ou Valor Declarado.
  • O Dereito Especial de Xiro (DEX) é unha divisa creada e utilizada polo Fondo Monetario Internacional (FMI) cuxo valor é a suma de determinadas cantidades de varias moedas: o dólar dos EUA, o euro, o renminbi chinés, o ien xaponés e a libra esterlina. Os DEX poden intercambiarse por moedas de libre uso.
  • Documentos para achegar: no caso de reclamación dun envío extraviado ou con falta de contido que dispoña de Seguro ou Valor Declarado, poderemos solicitar un documento xustificativo do valor da mercadoría, factura de reparación ou de reposición.

Iso e entregar o teu envío o máis rápido que poidamos.

Localiza a túa oficina de Correos máis próxima e tráenos o teu envío. Ten en conta que os prazos de entrega dependen do país de destino.

Prezo

Se queres que che fagamos unha oferta personalizada, déixanos os teus datos neste formulario.