Paquete Internacional Económico

Chegar máis lonxe non ten por que custar máis.

Dende

32,05 €

ENVIAR
Paquete Internacional Económico Dende 32,05 € ENVIAR

Servizos adicionais

Aviso de Recibo

Confirmación de entrega por escrito, de maneira que quede constancia de cando e quen recibiu o envío.

Ver países de destino

Valor declarado

Aplicable a cada envío, calcúlase como unha porcentaxe do valor da mercadoría. 
MÁIS INFO
Selecciona ENVIAR e rexistra previamente os teus envíos de xeito online para axilizar o proceso ou visítanos nalgunha das nosas oficinas.
Indica que tipo de envío desexas realizar, completa os datos e se desexas incluír algún servizo engadido.
Realiza o pagamento con tarxeta bancaria, PayPal ou a través das nosas oficinas.
Imprime as etiquetas que identifican os paquetes e lévaos a unha das nosas oficinas de Correos.

Información do produto

Descrición

O Paquete Internacional Económico é a opción máis alcanzable para eses envíos que non teñen présa por chegar moi lonxe: 

  • Mellor prezo: e a máxima calidade que ofrecemos dende Correos.
  • Maior seguridade: entregas a domicilio e baixo sinatura do destinatario.
  • Pola túa tranquilidade: ampla cobertura internacional e garantías de Correos. Ademais, se es Cliente con Contrato e queres asegurarte de que o teu paquete chega ao seu destino, podes solicitar a xestión de incidencias e retorno de información.
  • A todas as partes: para os destinos internacionais que admitan este servizo.

Detalles de envío

Ti elixes a embalaxe perfecta. Podes comprar un montón de produtos dispoñibles na nosa Tienda Online e en todas as oficinas de Correos!

Iso si, necesitamos que o tamaño se axuste a estas medidas:

Como máximo:

  • Caixa: Longo + Alto + Ancho = 200 cm, sen que ningunha supere os 105 cm.
  • Rolo ou tubo: Longo = 100 cm e Diámetro = 15 cm.

Como mínimo:

  • Sobre ou caixa: 14 x 9.
  • Rolo ou tubo: Longo + dúas veces o diámetro = 17 cm, sen que ningunha medida sexa inferior a 10 cm.

Se queres enviar algo máis pequeno, non te preocupes, só terás que engadirlle unha etiqueta de 10 x 7 cm na que apareza o enderezo e o franqueo.

E que non supere os 30 kg de peso real! (segundo o país de destino).

O peso volumétrico xa o calculamos nós.

Xa só queda que nos digas onde queres que o levemos:

  • É importante que os teus datos e os do destinatario estean nun lugar visible sobre a embalaxe.
  • Lembra que podes xerar a etiqueta e pagar o envío aquí mesmo.

E o ámbito ao que pertence o país de destino:

  • Zona A: Europa próxima.
  • Zona B: Resto de Europa, Norte de Magreb.
  • Zona B2: Albania, Alxeria, Bielorrusia, Bosnia Hercegovina, Islandia, Macedonia, Marrocos, Rusia, Serbia, Tunisia, Turquía e Ucraína.
  • Zona C: América.
  • Zona D: Asia, Oriente Medio e Oceanía.
  • Zona D2: Australia e Nova Zelandia.
  • Zona E: África.

Importante! Lembra que estes envíos non se poden dirixir nin a Apartados Postais nin a Lista de Correos.

Que é o peso volumétrico?

Garantías e prazos de entrega

Se o teu envío sofre algunha incidencia ao chegar ao seu destino, dende Correos indemnizámoste. Se prefires que a compensación sexa cobrada polo destinatario, deberás presentarnos unha autorización asinada.

Sabemos que confías en nós e este é o noso xeito de agradecercho:

Garantías internacionais:.

Por extravío:

  • Prazos para poder formular unha incidencia ou reclamación: mínimo 25 días e máximo 6 meses, dende a data de admisión do envío.
  • Indemnización: tarifa aboada + 40 DEX + 4,5 DEX/kg + Seguro no caso de que fose contratado, cuxa cobertura máxima son 3.000€.
  • O Dereito Especial de Xiro (DEX) é unha divisa creada e utilizada polo Fondo Monetario Internacional (FMI) cuxo valor é a suma de determinadas cantidades de varias moedas: o dólar dos EUA, o euro, o renminbi chinés, o ien xaponés e a libra esterlina. Os DEX poden intercambiarse por moedas de libre uso.
  • Documentos a achegar: no caso de reclamación dun envío extraviado, deteriorado ou con falta de contido que conte con Seguro ou Valor Declarado, poderemos solicitar un documento xustificativo do valor da mercadoría, factura de reparación ou de reposición.

Iso e entregar o teu envío o máis rápido que poidamos.

Localiza a túa oficina de Correos máis próxima e tráenos o teu envío, entregarémolo o máis rápido que poidamos.

  • Europa: dende 8 días.
  • América: dende 8 días.
  • China: dende 9 días.
  • Resto: segundo destino.

Prezo

Se queres que che fagamos unha oferta personalizada, déixanos os teus datos neste formulario.