DUA Exportación.
O DUA de Exportación é unha declaración aduaneira que se presenta á Alfándega española antes da saída física dos envíos e que lles permite aos remitentes -empresas ou autónomos - aplicarse os beneficios fiscais en forma de desgravacións do IVE/IGIC soportado ás que teñen dereito segundo Lei.
Se precisas a formalización de DUA de Exportación, Correos ofréceche os seus servizos como representante aduaneiro habilitado pola AEAT para formalizar os DUA de Exportación dos teus envíos coas seguintes características:
• Con orixe Península e Baleares e destino a Terceiros Países, Canarias, Ceuta e Melilla.
• Con orixe Canarias e destino fóra do devandito arquipélago.
• Con orixe Ceuta e destino fóra da devandita Cidade Autónoma.
Para iso deberás solicitalo a Correos cando deposites os teus envíos nas nosas Oficinas facilitando ademais da factura da mercadoría por triplicado un modelo asinado e selado da autorización de despacho ante a AEAT en favor de Correos que poderás descargar dende esta páxina (Formulario de Exportación).