Paq Lixeiro

Envíos sen complicacións, para quitar un peso de enriba.

ENVIAR Faite cliente
Paq Lixeiro ENVIAR
Elixe a embalaxe perfecta. Temos un montón de produtos dispoñibles na nosa Tenda Online e en todas as oficinas de Correos!
Prepara o teu envío Escribe os teus datos e os do destinatario con letra clara nun lugar visible da embalaxe e péchao ben.
Ven a vernos! Achégate a unha oficina de Correos e pídenos enviar un Paq Ligero. Encargámonos de que chegue ao seu destino.

Información do produto

Descrición

O Paq Ligero é a nosa opción máis sinxela e alcanzable para os teus envíos:

  • Sen preocupacións: e ao mellor prezo.
  • Áxil: entrega no domicilio do destinatario sen necesidade de sinatura nun prazo entre 48-72 horas. Se non se pode realizar, deixaremos un aviso na caixa de correo coa oficina indicada para recollelo durante 15 días.
  • Tranquilidade: seguimento informatizado do teu envío. Ademais, se xorde calquera complicación, ofrecemos a posibilidade de dar novas instrucións nun prazo de 72 horas coa xestión de incidencias.
  • Preto de ti: dispoñible para envíos nacionais e Andorra.

Detalles de envío

Ti elixes a embalaxe perfecta. Iso si, necesitamos que o tamaño se axuste a estas medidas:

Como máximo: 35 x 23 x 2 cm. Non se permitirá exceso de dimensións.

Como mínimo: 15 x 10 cm.

Peso: ata 2 kg.

Xa só queda que nos digas onde queres que o levemos!

  • É importante que os teus datos e os do destinatario estean nun lugar visible sobre a embalaxe.
  • Entrega na caixa de correo do destinatario sen necesidade de sinatura.

Garantías e prazos de entrega

Correos non indemniza por perda, roubo, deterioración ou incumprimento de prazo de entrega.

Localiza a túa oficina de Correos máis próxima e tráenos o teu envío, levámolo en 1 - 2 días dependendo da orixe e destino.

Esta opción non ten prazos de entrega comprometidos.

Prezos

Se queres que che fagamos unha oferta personalizada, déixanos os teus datos neste formulario.