A mercadotecnia de correo intégrase dentro do concepto de “mercadotecnia de permiso”, que se basea en obter previamente o consentimento expreso por parte do usuario antes de establecer ningunha relación. Deste xeito, poderás asegurarte de que só os usuarios interesados ou que o solicitasen reciban os teus correos electrónicos.
Este consentimento implica que as túas comunicacións non resultarán molestas ou intrusivas, dado que contarás coa predisposición do usuario por coñecer a información da túa marca.
A frecuencia de envío dunha campaña de mercadotecnia de correo varía segundo as necesidades da empresa, aínda que o normal é enviar de 2 a 3 correos ao mes (28,48%) ou só un mensual (25,32%). Recorda que enviar máis correos non é a clave para sobresaír entre a competencia, ao contrario, saturarás a bandexa de entrada dos teus clientes e non quererán seguir recibindo a túa información.
O importante é ter claros cales son os teus obxectivos e enviar contido de calidade, tendo en conta que son varias as metas perseguidas:
- Xerar vendas: 47,47%
- Xerar leads: 46,83%
- Xerar tráfico ou visitas: 42,40%
- Xerar lead nurturing: 23,42%
Utiliza diferentes métricas para avaliar os resultados e o funcionamento das túas campañas de mercadotecnia de correo electrónico:
- Taxa de clics: o 47,47% das empresas afirma que durante os últimos 12 meses se mantivo, fronte ao 40,51% que asegura que se incrementou, baixando un punto respecto á cifra que rexistramos en 2017 (41,52%).
- Taxa de apertura: o 45,57% das empresas declaran que se incrementou durante o último ano (isto representa case un 4% máis que nos resultados do estudo en 2017), fronte ao 44,94% que afirma que se mantivo sen cambios.
- Conversión: para o 48,73% das empresas, o investimento realizado en accións de correo electrónico supón menos do 10% do total do orzamento de mercadotecnia, o que representa 8 puntos menos respecto á cifra do 2017 (56%). Non obstante, reflectiuse un aumento significativo de empresas que invisten entre un 20% a un 40% do orzamento en mercadotecnia de correo electrónico.
- ROI: o 29,75% das empresas enquisadas afirma que o total de ingresos xerados por mercadotecnia de correo supón o 10% do investimento realizado. Por iso, o 55,70 % dos enquisados manterá o investimento destinado á mercadotecnia de correo durante os próximos meses, mentres que un 37,97% asegura que o incrementarán.
Así como dúas modalidades para adaptarnos ás necesidades do teu negocio:
- Newsletter: trátase dunha publicación periódica cunha temática de interese para o usuario, cuxo contido habitual adoita ser noticias, novidades, lanzamentos ou artigos sobre os produtos e a empresa. O seu principal obxectivo é crear valor a longo prazo, xa que inclúe contido relevante e ofertas especiais para o usuario.
- Emailing: trátase do envío publicitario personalizado a un cliente xa fidelizado que permite manter o contacto e mellorar a relación.
- O formato é gráfico e con pouco texto, podendo incluír notas de agradecemento, felicitacións por un evento persoal, promocións, noticias ou o lanzamento dun novo produto ou servizo. Ten un obxectivo comercial a curto prazo e permite chegar aos clientes dunha forma rápida e económica.
Prezos:
Consulta as nosas tarifas, en Correos temos as mellores:
- 5.000 envíos: 60€
- 10.000 envíos: 90€
- 20.000 envíos: 150€
- 30.000 envíos: 220€
Os correos deberán enviarse nos 12 meses seguintes dende a contratación do servizo nun máximo de 3 envíos.