Recomendacións
- A mensaxe: debe ser relevante para o destinatario posto que a recibirá no seu móbil, asegúrate de que o que tes que dicir lle importa e achega.
- A oportunidade e presentación: elixir o momento para presentarse é tan importante como a mensaxe. Para os primeiros envíos e sobre todo se non é cliente habitual, recorda poñer o nome da túa empresa dentro da mensaxe ademais de no remitente. Ademais, recomendámosche que sempre envíes a campaña de luns a venres e nun horario de día, para asegurarte de non molestar.
- Curto e conciso, pero con ton amigable: engade signos de exclamación, emojis ou un saúdo que humanice a mensaxe, tendo en conta que debe ser curta e agradable. Se tes o dato, menciona o nome da persoa ou da empresa receptora, é un xesto moi persoal que marcará a diferenza.
- O cupón e a oferta, sempre en maiúsculas: deben destacar dentro da túa promoción para que se recoñezan dunha soa ollada.
- Elixe as palabras clave da mensaxe: pensa na mensaxe que queres comunicar, elixe 2 ou 3 palabras clave e escribe unha mensaxe curta mencionando estas palabras.
- Respecta sempre os desexos do destinatario: facilita que o usuario poida darse de baixa, xa que é importante que sinta que pode deixar de recibir as túas mensaxes se nalgún momento o desexa.
- Achégalle máis información: crea a túa propia landing para poder comunicar todo o que necesitas nuns poucos caracteres, e achega a ligazón no corpo da SMS. Deste xeito, o usuario poderá ampliar información sobre o teu negocio se o desexa.
Prezos:
Consulta as nosas tarifas, en Correos temos as mellores:
- 1.000 envíos: 60€
- 3.000 envíos: 140€
- 5.000 envíos: 210€
- 10.000 envíos: 400€
As SMS deberán enviarse nos 12 meses seguintes dende a contratación do servizo e nun máximo de 3 envíos.