Porque somos os únicos en ofrecerche un servizo de calidade que realmente chega a cada unha das caixas de correo de todos os destinatarios:
Optimización das túas campañas grazas ás solucións de xeomercadotecnia que ofrecemos para maximizar o resultado da túa comunicación.
Mellora das túas comunicacións comerciais con envíos fiables e de calidade.
Aforro de custos que se poden evitar no desenvolvemento dunha campaña.
Diferenciación do teu negocio entre a competencia ao conseguir unha maior difusión.
Máxima comodidade para a túa empresa, xa que dende Correos nos encargamos de todo.
Como funciona Publibuzón?
Prepara o teu envío en paquetes de 25, 50 ou 100 exemplares ao descuberto ou en sobre pechado coa indicación "Para inspección postal abrir aquí".
Indícanos o peso de cada impreso (máximo unitario de 100 g), lugar de depósito dos envíos e número de exemplares para distribuír.
Tráenos o teu envío a calquera oficina de Correos ou a unha unidade de admisión se se trata dunha remesa masiva.
A túa publicidade encontrarase na caixa de correo dos destinatarios entre 2 e 6 días naturais posteriores ao depósito.
Servizos adicionais
Selección de sectores urbanos de distribución
Define o envío da túa campañacontratando este servizo. Podes solicitar que se realice a repartición de publicidade dos teus envíos nunha zona da cidade concreta, seguindo un criterio xeográfico determinado.