Base de datos de códigos postais

A mellor estratexia baséase no coñecemento.

Dende

831.80 €

CONTRATAR
Base de datos de códigos postais Dende 831.80 € CONTRATAR
Selecciona “CONTRATAR”, só terás que asinar o contrato con licenza de uso do produto.
Realiza o pagamento mediante transferencia bancaria á conta de Correos que che facilitamos.
Enviámosche un correo electrónico coas claves de acceso e a URL de descarga. 

Descarga documentos de códigos postais

Se xa che enviamos a clave, introdúcea no campo correspondente e descarga a Base de Datos.

Descarga Base de Datos ou Capa cartográfica de Códigos Postais

Base de datos de Códigos Postais Básica:

É a base de datos oficial, elaborada e actualizada por Correos, que contén todos os códigos postais de España e Andorra.

  • Opcións de contratación:
    • Con actualizacións trimestrais: 845 € (claves de descarga por 365 días).
    • Sen actualizacións trimestrais: 687,44 € (claves de descarga por 30 días).
  • Renovación: un 30% de desconto a partir do primeiro ano.
  • Estrutura: ficheiros (.txt) que combinan nivel Localidade e nivel Guía de rúas.
  • Contido: tramifícanse os 104 municipios de múltiples códigos postais.
  • Fontes públicas: as localidades de único código postal dispoñen do código INE de 5 díxitos (nivel Municipio).
  • Información sociodemográfica: non incluída.

Base de datos de Códigos Postais Plus:

É a base de datos de códigos postais que incorpora indicadores socioeconómicos e territoriais, co fin de axudarche na xestión das túas estratexias de mercadotecnia.

Ademais, ampliáronse os contidos e mellorouse a usabilidade cunha nova estrutura de táboas que facilitará a implantación nos sistemas de información da túa empresa:

  • Opcións de contratación:
    • Con actualizacións trimestrais: 1.820 € (claves de descarga por 365 días).
    • Sen actualizacións trimestrais: 1.600 € (claves de descarga por 30 días).
  • Renovación: un 30% de desconto a partir do primeiro ano.
  • Estrutura: ficheiro Excel con 5 pestanas. A táboa mestra contén a vinculación de todas as localidades e os seus códigos postais.
  • Contido: tramifícanse 203 municipios de múltiples códigos postais con máis de 36.000 habitantes, mellorando os teus procesos de autocompletado de enderezo.
  • Fontes públicas: as localidades cun único código postal dispoñen do código INE de 11 díxitos (nivel Núcleo ou Diseminado), de modo que se indica a información xerárquica INE para cada localidade.
  • Versioneiro Localidades: recolle as distintas denominacións e linguas nativas das localidades. Ademais, inclúe o versioneiro de localidades de Correos xerados a partir do histórico de envíos.
  • Indicadores de códigos postais: información sociodemográfica, económica e territorial que che permitirá deseñar as túas estratexias de mercadotecnia e cualificar os teus clientes:
    • Datos de habitantes estimados e medias de idade.
    • Superficies e peso residencial.
    • Ingresos e gastos medios dos núcleos familiares.
    • Negocios empresariais localizados por código postal.
    • Proporcións estimadas dos tamaños das empresas.
    • Porcentaxe de autónomos.

Capa Cartográfica:

A Capa Cartográfica de Correos é a delimitación espacial de todos os Códigos Postais que permite situar as localidades segundo o INE. 

Poderás dispoñer dun coñecemento único do territorio mediante a estandarización e delineación das áreas poligonais, accidentes xeográficos e vías de comunicación, grazas ao compromiso de Correos de melloralos e actualizalos diariamente.

Trátase dunha representación xeográfica de todos os códigos postais do territorio nacional, que contén datos vectoriais para mapas de alta calidade co nivel de detalle adecuado para desenvolvementos tecnolóxicos.

Isto é así porque se desenvolve sobre a base da listaxe dos códigos postais e a súa relación cos enderezos e núcleos de poboación. Unha información clave para xerar os polígonos de códigos postais que compoñen a Capa.

Este produto implántase en calquera ferramenta de xeomercadotecnia, o que resulta dunha grande utilidade á hora de xeorreferenciar e realizar análises espaciais baseadas en códigos postais.

  • Con actualizacións trimestrais: 5.800 € (claves de descarga por 365 días).
  • Sen actualizacións trimestrais: 5.000 € (claves de descarga por 30 días).

Se queres obter os mellores resultados para a túa empresa e levarlle vantaxe á competencia, a Capa Cartográfica e a Base de Datos de Códigos Postais Plus son a solución ideal para deseñar as estratexias necesarias para facer crecer o teu negocio, grazas ao coñecemento de mercado que che achegan os indicadores socioeconómicos asociados aos códigos postais.

Ademais, a representación en mapas permitirache determinar oportunidades de mercado, evitar a canibalización, deseñar ou reestruturar as túas rutas de distribución e maximizar o impacto das túas accións de mercadotecnia directa:

  • Inclúe Indicadores de Códigos Postais: información sociodemográfica, económica e territorial que che permitirá deseñar as túas estratexias de mercadotecnia e cualificar os teus clientes (os mesmos que inclúe o produto BBDD CCPP PLUS).Mapa Dixital 1:25.000 BCN25) do Instituto Xeográfico Nacional.
  • FID identificador da entidade gráfica de uso interno en ArcMAP.
  • Shape identificador do tipo de Entidade Gráfica de uso interno en ArcMAP.
  • COD POSTAL código postal do polígono que o contén e xerado por Correos.
  • Sistema cartográfico usado ETRS89, podendo distribuírse en WGS84.
  • Ortofotos do Plan Nacional de Ortofotos Aéreas (PNOA).
  • Ficheiro realizado con ArcMAP 10.3.

Consulta as nosas tarifas, en Correos temos as mellores.

Base de datos de Códigos Postais Básica:

  • Sen actualizacións trimestrais: 687.44 €
  • Con actualizacións trimestrais: 845 €

Base de datos de Códigos Postais PLUS:

  • Sen actualizacións trimestrais: 1.600 €
  • Con actualizacións trimestrais: 1.820 €

Capa Cartográfica de Códigos Postais:

  • Sen actualizacións trimestrais: 5.000 €
  • Con actualizacións trimestrais: 5.800 €

Preguntas frecuentes

Como podo solicitar a contratación dalgún dos produtos?

Existen varias maneiras:

A través da tenda online de Correos, sen necesidade de asinar un contrato e axilizando a súa adquisición.

A través de calquera das nosas oficinas.

Chamando o 902 197 197.

Escribindo a correosdirecto@correos.com.

En que consiste a licenza de uso do produto?

É un documento que inclúe os requisitos que o contratante debe cumprir para a utilización do produto:

  • O contrato entra en vigor no momento do pagamento, cunha duración dun ano.
  • Para renovalo abonda con indicalo a Correos e seguir o procedemento habitual.
  • O contratante unicamente poderá utilizar a información para actualizar a súa propia base de datos ou mellorar a calidade dos enderezos postais dos seus sistemas.
  • O produto non poderá sublicenciarse, nin construír un buscador de códigos postais accesible para usuarios alleos ao negocio do contratante.
  • O contratante comprométese a encriptar e protexer a información coas medidas técnicas e de seguridade adecuadas.

É importante renovar a licenza cada ano?

Correos recolle diariamente todas as actualizacións de novas rúas, tramos ampliados, cambios de influencia dun código postal ou revisións xeopolíticas, e as presenta cada trimestre. Dun ano para outro a información varía considerablemente, polo que recomendamos a renovación do produto.

Cales son as vantaxes do produto Plus con respecto ao Básico?

Ofrece unha estrutura actualizada e un maior contido na identificación das localidades e a súa información INE.

Ademais, dispón de indicadores sociodemográficos e dunha gran variedade de nomes cooficiais e coloquiais das localidades.

Cal é a utilidade da Capa Cartográfica?

Dispoñer da delimitación espacial de cada código postal permitindo axustalo a calquera tipo de mapa político nacional, de grande utilidade á hora de xeorreferenciar e realizar análises espaciais, dispoñer de mapas de calor ou cualificar a poboación nacional.

Unha vez finalizado o prazo da licenza, que acontece se non a renovo?

A información quedaría obsoleta e desactualizada, polo que non se poderá realizar ningunha reclamación a Correos. Ademais, deixariamos de prestar asistencia ou asesoramento.

Disponse de axuda ou asesoramento?

A través de correosdirecto@correos.com terás á túa disposición un equipo de profesionais cualificados para resolver as dúbidas tecnolóxicas ou funcionais, calquera incidencia e para asesorarte acerca do produto máis indicado segundo a necesidade da túa empresa.