Correos Target

Encontramos o teu público obxectivo para que os teus obxectivos se cumpran.

Por que en Correos.

En Correos seleccionamos o target máis adecuado para a túa marca a través de técnicas analíticas e de segmentación, que che permitirán mellorar o lanzamento das túas campañas de comunicación e maximizar o seu rendemento:

Tratamento de información mediante a análise de variables que seleccionan os rexistros que mellor representan o teu público obxectivo, tanto se a túa acción vai dirixida a consumidores como a empresas. 
Técnicas de segmentación que maximizan a eficacia das túas accións de mercadotecnia para mellorar as ratios de fidelización, incrementar as vendas ou atraer público ao teu negocio.
Xeomercadotecnia que localiza con exactitude sobre un mapa os teus clientes, sucursais ou a competencia, co fin de identificar puntos de venda máis estratéxicos e deseñar rutas de mercadotecnia máis rendibles.  
Optimización do investimento en accións de mercadotecnia, grazas a un maior coñecemento do mercado que che permitirá analizar o potencial comercial de cada zona, focalizar esforzos en determinados segmentos e determinar a área de influencia da túa marca sobre a poboación.  
Análise da calidade da información que dispós nas túas bases de datos, co fin de ofrecer unha proposta que elimine as carencias do teu negocio e te oriente na toma de decisións para maximizar o teu rendemento.
A solución perfecta para aumentar a precisión das túas campañas de mercadotecnia, fidelizar os teus clientes actuais e identificar o teu público obxectivo e o mercado potencial nunha determinada zona.
Encontramos e seleccionamos o teu público obxectivo a través da segmentación.
Analizamos e auditamos a calidade da información das túas bases de datos.
Axudámosche a coñecer onde están situados os teus clientes e a identificar o mercado potencial ao que dirixir as túas comunicacións comerciais. 
Melloramos as túas campañas de Publicorreo Óptimo ou Premium e Publibuzón.

Información do produto

Prezo

A tarifa deste servizo é de 100 € por hora de análise, aínda que pode variar dependendo da complexidade do estudo.

  • Península/Baleares: IVE (21 %).
  • Canarias: IXIC (7 %).
  • Ceuta ou Melilla: IPSI (9% en Ceuta e 4% en Melilla).