Seguimento de campañas

Non te perdas nada do desenvolvemento e estado das túas campañas.

Rexístrate en Mi Oficina. É rápido, sinxelo e gratuíto!
Selecciona a opción “Seguimento de Campañas”.
Crea a túa campaña ou consulta as que xa elaboraches anteriormente.

Recibe información sobre como se vai desenvolvendo a distribución das túas campañas masivas de publicidade nas Unidades de Repartición e que foron enviadas utilizando Publicorreo Óptimo, Premium e Publibuzón.

O noso obxectivo é que obteñas os mellores resultados nas túas campañas de mercadotecnia directa:

  • Con retorno de información sobre o comezo e finalización de cada campaña.
  • Os envíos circulan exclusivamente con carácter ordinario.

Iso si, esta información non dá dereito a ningún tipo de indemnización posto que se trata de envíos ordinarios.

Para contratar este servizo as túas campañas deben cumprir unhas condicións:

  • Debes ser Cliente con Contrato.
  • As túas campañas deben ser masivas con destinos nacionais.
  • Só para Códigos Postais de destino con máis de 100 envíos non normalizados e 350 normalizados (máximo 23,5 x 12 cm).

E dende Correos garantímosche o envío de toda a información da túa campaña:  

  • Data do depósito dos envíos en Correos.
  • Cando empezan a recibirse os envíos nos Códigos Postais. 
  • Evolución da distribución dos envíos.
  • Enviamos a información detallada durante 6 días naturais, contados dende o día seguinte ao depósito dos envíos en Correos. Poderás acceder ao resto da información seleccionando a opción de “Máis de 6 días”.
  • O sistema actualiza automaticamente a información ás 00:00 do día seguinte da repartición. 
  • O informe pode exportarse en Excel ou PDF.

Para que poidas realizar o seguimento da distribución das túas campañas habilitamos unha nova funcionalidade en Mi Oficina dende a que poderás obter os Informes de Seguimento de Campañas e subir toda a información:

  • Nome da campaña, 
  • N.º de envíos da campaña.
  • Peso por unidade.
  • Subir en formato JPG a imaxe do envío da campaña.
  • Centro de Admisión de Correos de depósito dos envíos.
  • Data na que se van depositar os envíos para que sexan admitidos. 
  • Detallar o n.º de envíos por Código Postal. 
  • Podes subir esta información de forma manual ou cargando un ficheiro .txt.

Este servizo realízase para campañas de envíos non rexistrados que non teñen ningún código ou identificador. Para diferencialas nas Unidades de Repartición é importante que as túas campañas sexan creativas e as túas imaxes chamen a atención.

Ten en conta que se existen dúas campañas activas coa mesma creatividade serán moi difíciles de distinguir e a información do Seguimento de ambas as dúas campañas podería confundirse e mostrar resultados distorsionados. 

Por último, non esquezas seguir os pasos necesarios para utilizar este servizo:

  • Dar de alta as súas campañas na ferramenta “Seguimento de Campañas”. 
  • Sinalar o servizo adicional “Seguimento de Campañas” no albará da campaña e introduce o código de campaña que facilita a ferramenta. 
  • Consulta os informes da distribución das túas campañas.