Plataforma de Recollida de Información

Captura de información á medida para os clientes de Correos.

Por que en Correos.

Adaptable: As características do servizo permiten aos clientes planificar con Correos as campañas que mellor se adapten ás súas necesidades, ben revisando rexistros da propia base de datos do cliente, ben captando novos rexistros que cumpran cos requisitos marcados. 
Versátil: En canto ao tipo de información máis demandada, esta pasa pola captura de datos a pé de rúa, principalmente de determinados negocios. Sirvan como exemplo a captura de información de determinados logos ou marcas, datos de aforamento, lecturas de contadores ou números de bastidor dun vehículo logo de cita co propietario, detalles da fachada do negocio, etc. Tamén se poderán identificar puntos de interese, incidencias viarias, monitorización do inmobiliario, ou mesmo realizar enquisas presenciais que, a posteriori, poidan achegar estatísticas de grande utilidade empresarial.
Útil: Polo tanto, os clientes de Correos poderán manter activas, verificadas e actualizadas as súas bases de datos, calquera que sexa a súa tipoloxía ou obxectivos.
Sinxelo: Cada cliente terá o seu propio portal de usuario. Trátase dun espazo intuitivo, doadamente navegable e dende onde poderá consultar a información de todas as súas campañas activas. Á súa vez, estas campañas terán asociadas tantas ordes de servizo como rexistros se traballen. Dende a plataforma, o cliente poderá consultar e descargar os resultados da captura de información de cada unha das ordes de servizo, así como calquera elemento multimedia asociado.