Comunicacións dixitais de forma inmediata.
Dende
600 €
O Buzón Digital de Correos adáptase ás necesidades da túa empresa facilitando e simplificando a tarefa de envío de documentos dixitais aos teus clientes, xa sexan unitarios ou masivos, a través dunha canle de comunicación máis segura, moderna, sinxela e de maior comodidade e sen necesidade de integrarse con ningún sistema externo.
Ti só terás que rexistrar a túa empresa como un Emisor dentro da plataforma para comezar a crear canles de comunicación seguras, privadas e confidenciais cos teus clientes, dado que só poderán acceder ao contido do Buzón Digital mediante subscrición. Cada Emisor pode establecer tantas canles de comunicación ou subscricións como necesite.
No caso de que a túa empresa sexa unha gran corporación, ofrecémosche a posibilidade de realizar os teus envíos automaticamente e de forma masiva dende os teus sistemas corporativos a través da integración e a partir da sinatura dun contrato con Correos:
Antes de permitir o envío de comunicacións, a plataforma garante a validación da canle de comunicación a través da sinatura dun contrato ou ben mediante un sistema de invitacións e recollida de consentimento de cada destinatario.
Ao seres Emisor poderás remitir todo tipo de documentos como facturas, nóminas ou revistas que se autoclasificarán en carpetas personalizadas dentro do teu Buzón Digital, ordenados e dispoñibles automaticamente para que os teus clientes poidan acceder a eles dende calquera lugar.
Ademais, disporás dun servizo de rastrexabilidade que che permitirá analizar os envíos realizados por datas, para saber cantos se recibiron e cantos foron lidos.
Por outra parte, proximamente o Buzón Digital ofrecerá a posibilidade de que os Emisores habiliten comunicacións bidireccionais cos seus clientes, de maneira que poidan responder aos envíos realizados incluíndo texto e achegando novos documentos.
Incluirase a sinatura electrónica de documentos, para que os teus clientes poidan devolverche asinadas as pólizas ou contratos que lles envíes.
E permitirase o envío e recepción de documentación certificada a través de comunicacións electrónicas con validez legal.
Este servizo ofrece os seguintes bonos de envío (impostos non incluídos) para que escollas aquel que máis se axuste ás túas necesidades:
Para Grandes Corporacións este servizo préstase mediante a sinatura dun contrato con Correos. Previamente presentaremos unha oferta personalizada en función dos volumes de envíos estimados.