Máxima comodidade e seguridade para os pagamentos dos teus clientes.
A través de calquera das nosas oficinas informatizadas admitimos o cobramento dos recibos emitidos por empresas. Unha vez que os cidadáns reciben este cobramento, pagan no acto e dende Correos validamos o recibo mecanicamente.
Como empresa, recibirás diariamente os datos dos recibos cobrados en todas as nosas oficinas, tal e como establece a Norma 57 da AEB. Ademais, a empresa é quen decide se as liquidacións se realizan de forma quincenal ou mensual.