Correos Cash

Os movementos bancarios dos teus clientes agora tamén dende Correos.

Información do produto

Modalidades do servizo

Co servizo Correos Cash poderás realizar diversas operacións bancarias a través das nosas oficinas ou con entregas a domicilio para maior comodidade dos teus clientes:

Retirada de efectivo en oficinas: mediante o noso produto Giro Inmediato.

  • Paso 1: O cliente solicita retirar efectivo dende a app da túa entidade.
  • Paso 2: A túa entidade envíalle un localizador de Giro Inmediato.
  • Paso 3: O cliente acude a calquera oficina de Correos co localizador e o seu DNI.
  • Paso 4: O noso persoal realiza a operación. O cliente só terá que asinar e dende Correos entregámoslle o diñeiro e o resgardo.

Retirada de efectivo a domicilio: mediante o noso produto Giro Ordinario a domicilio.

  • Paso 1: O cliente solicita retirar efectivo dende a app da túa entidade.
  • Paso 2: A túa entidade solicítanos a orde de Giro Ordinario a domicilio.
  • Paso 3: Dende Correos enviámosche a confirmación do Giro e preparámolo para a entrega no domicilio.
  • Paso 4: Os nosos profesionais realizan a entrega do diñeiro en efectivo e o resgardo aos teus clientes.

Ingreso de efectivo: mediante o noso produto Giro de Orden de Ingreso en Cuenta.

  • Paso 1: O cliente solicita retirar efectivo dende a app da túa entidade.
  • Paso 2: A túa entidade xera unha nube de puntos ou código de barras con toda a información necesaria para o ingreso e envíalla ao cliente.
  • Paso 3: O cliente acude a calquera oficina de Correos coa nube de puntos ou código de barras, o diñeiro que desexa ingresar e o seu DNI.
  • Paso 4 O noso persoal le a nube de puntos ou o código de barras e recolle o diñeiro que vai ingresar. O cliente só terá que asinar e recoller o resgardo da operación.

Importes:

  • Máximo: 2.499,99€.
  • Mínimo: 0,01€.

Prezo

Se queres que che fagamos unha oferta personalizada, déixanos os teus datos neste formulario.