Poñémoscho doado! Agora en Correos podes cambiar a titularidade do teu vehículo ou ciclomotor sen ter que acudir á Xefatura Provincial de Tráfico.
Dende 52,57 €
Oficinas, importante! Non poderás realizar este trámite en todas as nosas oficinas.
Estas son as sucursais habilitadas nas que poderás xestionar o cambio de titularidade do teu vehículo:
Casos nos que non poderemos tramitar a túa solicitude:
Sempre que se realiza a compravenda de calquera automóbil, hase de levar a cabo O Cambio de Titularidade do Vehículo. A través deste trámite legal, o comprador comunica formalmente a tráfico quen é a nova persoa física titular do vehículo. É dicir, fai constar a tráfico a transferencia da titularidade dunha persoa a outra. Dependendo do tipo de vehículo, existen dous tipos de trámite:
Lembra que este servizo só está dispoñible nas oficinas que che indicamos anteriormente!
Non esquezas o teu DOI! Non poderemos realizar o cambio de titularidade do teu vehículo se non presentas o teu Documento Oficial de Identificación (DOI) orixinal nas nosas oficinas.
Interésache saber que:
Se solicita o cambio de titularidade o comprador do vehículo e é un particular:
1. Documento Oficial de Identificación (DOI) original
2. Permiso de circulación del vehículo
3. Documento acreditativo da transmisión (factura de compravenda)
4. Documentación acreditativa da identidade do solicitante
5. Fotocopia do DOI do vendedor
6. Certificado de empadroamento. En caso de que non coincida co que figura na DXT ou DOI.
Se o solicitante non é o comprador do vehículo:
Datos fiscais:
1. Compra entre particulares
Como tramitamos o cambio de titularidade do seu vehículo ou ciclomotor?
Unha vez que recibimos toda a documentación correspondente, enviámosche o formulario da túa solicitude con toda a información. Podes elixir como queres recibilo: vía email ou impreso.
Ademais, xeramos unha Autorización Provisional de Circulación con validez de 30 días. Grazas a este documento, o comprador poderá circular co vehículo ata recibir o novo permiso de circulación.
Cambio de titularidade vehículos:
O prezo deste servizo é de 80,15 € (IVE incluído), dos que 55,15 € corresponden á taxa que aplica a DXT ao servizo e 25,00 € aos gastos de xestión de Correos.
Cambio de titularidade ciclomotores:
O prezo deste servizo é de 52,57 € (IVE incluído), dos que 27,57 € corresponden á taxa que aplica a DXT ao servizo e 25,00 € aos gastos de xestión de Correos.