Correos dende sempre e en todas as partes.
O Axente Comercial de Correos é unha empresa con excelentes coñecementos dos sectores nos que actuamos, e que conta coa capacidade técnica e organizativa necesaria para promover os produtos e servizos que comercializamos.
Con carácter non exclusivo e pola súa propia conta, o Axente encárgase de promover a contratación dos nosos produtos e servizos en nome de Correos, mediante unha relación mercantil de Axencia.
Deste xeito, encárgase da captación de novos clientes, mantemento e fidelización dos actuais, atención comercial, servizo posvenda, facturación, así como da xestión de cobramentos.
Ademais, a través do Axente poderanse contratar os produtos e servizos de paquetería que comercializamos dende Correos no territorio nacional.
A actividade do Axente inclúe presentar a correspondencia debidamente franqueada e nas condicións establecidas no Centro de Admisión designado por Correos.
Se necesitas máis información, consulta a nosa listaxe de Axentes Comerciais