Correos Market é o marketplace que aposta por vender só produtos de empresas nacionais. Co obxectivo de fomentar a nosa rede nacional empresarial, todos os vendedores deberán ser persoas físicas ou xurídicas autorizadas, estar adscritas á súa propia actividade económica e contar cun CIF/NIF español.
Os vendedores deberán cumprir coa normativa vixente sanitaria (alimentación, bebida e beleza) e laboral (en todas e cada unha das categorías).
Garantir o benestar da comunidade de Correos Market é unha das nosas prioridades. Por iso, reservámonos os dereitos de auditoría, veto ou cesamento da actividade comercial de todos os vendedores que non cumpran cos requisitos necesarios, ou que pola súa actividade, contido ou identidade, se considere que atenta contra os valores xerais do grupo de Correos.
O noso obxectivo é axudarte a levar o teu negocio ao seguinte nivel. Queremos traballar contigo e facer chegar os teus pedidos coas máximas coberturas e garantías de entrega.
Coidamos ao máximo o proceso de envío. Con este obxectivo, o envío dos pedidos realizarase de luns a venres (festivos non incluídos), a todo o territorio nacional co servizo Paq Premium ou Paq Estándar a elección do comprador.
O cliente final terá á súa disposición diferentes opcións de entrega: o seu domicilio, nunha oficina de Correos ou nun CityPaq.
Manterémoste sempre informado do estado dos envíos, como? Dende o noso localizador, onde tamén poderás consultar as causas de devolución ou fallo na entrega e as medidas que adoptamos para solucionalo.
Se no primeiro intento de entrega non puidemos entregar o paquete, non te preocupes! O segundo intento de entrega realizarase ao día seguinte do primeiro para destinos principais, e cun día adicional para envíos a localidades con menos de 10.000 habitantes.
Os prezos dos produtos amosaranse con IVE incluído, os incrementos ou descontos que sexan de aplicación na súa oferta e os gastos adicionais que no seu caso lle sexan repercutidos. Deste xeito, o cliente poderá coñecer o prezo final do produto antes de engadilo ao seu carriño de compra, xa que non terá que asumir ningún gasto de envío.
Realizar un pedido mediante a cumprimentación do formulario de compra, implica a conformidade co prezo e coas condicións de venda vixentes nese momento, de modo que non poderán ser modificados sen o expreso acordo de ambas as dúas partes.
Os métodos de pagamento serán tarxetas de débito ou crédito ou PayPal e o cargo que o cliente verá no extracto da súa tarxeta estará a nome de Correos. Lembra que en ocasións pódense producir demoras de ata 60 días nas operacións de cobramento.
No caso de que o cliente queira unha factura da súa compra, dende Correos tramitaremos a súa solicitude e avisarémosche para que poidas emitila a tempo.
Se non queda stock do produto adquirido por un cliente, deberás informar a Correos inmediatamente da falta de dispoñibilidade e devolveráseche a cantidade que tiveses aboado.
Unha vez o pagamento sexa autorizado ao realizar un pedido con tarxeta de crédito ou débito, o banco reterá o importe total do pedido ata que o aceptes. No caso de que tiveses que cancelalo por calquera motivo, o banco non realizará a transferencia e liberará a cantidade correspondente de novo na conta do cliente. Este proceso pode durar entre 3 e 5 días naturais, polo que o cliente deberá aceptar que nin Correos nin o vendedor son responsables dun posible atraso por parte do banco en liberar o importe na súa conta.
En Correos Market procuramos que os teus clientes potenciais te coñezan e xa non se esquezan de ti. Para iso, temos un truco máxico: a túa ficha de produto é, sen dúbida, a clave de venda. É importante coidala e mimala, xa que será a túa carta de presentación e, polo tanto, o primeiro impacto comunicativo que reciben da túa parte.
Só deberás completar o modelo de ficha que che mandaremos coa información correspondente para comunicarlle ao teu cliente as características esenciais do teu produto. O obxectivo da ficha en xeral e sobre todo, da descrición e a fotografía é motivar a compra dos usuarios. Contámoscho todo:
Xestionamos as túas vendas en tempo real! No momento no que os teus clientes efectúen as súas compras, enviarémosche un email de aviso para que te poñas mans á obra e poidas comezar a preparar os pedidos.
Importante! Ter sempre actualizado o stock dos produtos permitirache xestionar correctamente os teus pedidos e que a experiencia de compra sexa perfecta. Ademais, a través do Merchant Portal poderás xestionar os produtos adquiridos por cada cliente e xerar as etiquetas de envíos para que os pedidos pasen á fase de depósito.
En Correos Market gústanos ser flexibles e por iso, outorgámoslles aos vendedores e vendedoras o poder de establecer as súas propias políticas de devolución. Pola nosa banda, cando xurda unha incidencia deste tipo, poñeremos en contacto ao cliente final cos vendedores para que xuntos cheguen á mellor solución para a devolución.
A pesar diso, é importante lembrar que, consonte ao disposto na lexislación da normativa vixente, o cliente non poderá devolver os seguintes produtos:
O vendedor ademais deberá asumir as obrigas derivadas da lei de consumo, ofrecéndolle ao cliente a posibilidade de deixar sen efecto o contrato celebrado, notificándollo á outra parte no prazo de 14 días naturais dende que se realizou a entrega do pedido:
Unha das cuestións que máis lle preocupa ao consumidor é ter claro perante quen reclamar no caso no que se produza algún tipo de incidencia na compra dun produto.
Os litixios a través de Correos Market solucionaranse directamente entre o cliente e o vendedor, activando o protocolo necesario para detectar usos indebidos nos procesos de compra ou devolución.
No caso no que o vendedor e o cliente teñan a condición de empresario e consumidor consonte o disposto no Regulamento (UE) 524/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 21 de maio de 2013, a Comisión Europea facilita unha plataforma de resolución extraxudicial de litixios online a través da cal os clientes poderán someter as súas reclamacións.
Correos non serán responsable en ningún caso de:
Chámanos o 915 197 197. De luns a venres (agás festivos) de 10:00 a 18:00.
Escríbenos e contestarémosche nun prazo de 24 h market@correos.com