Publicaciones Periódicas

Envío de xornais e revistas ao mellor prezo e a todos os destinos.

Servizos adicionais

Normalización de direcciones postales

Para clientes con contrato.

Optimizámosche a calidade dos teus enderezos.

MÁIS INFO

Información de Devolucións

Para clientes con contrato

Xestionamos por ti a devolución dos teus envíos.

MÁIS INFO

Recogida a Domicilio

Para clientes con contrato.

Recollemos os teus paquetes no teu domicilio ou almacén. A dispoñibilidade depende do volume do envío e do punto de recollida.

 

Prepara o teu envío e ponte en contacto co teu xestor comercial para que valide a túa publicación periódica.  
Ven a vernos á túa oficina de Correos máis próxima ou un dos nosos Centros de Admisión.
Deposita a publicación periódica xunto co albará correspondente. 

Información do produto

Descrición

Este servizo só pode ser utilizado por empresas editoras ou distribuidoras que antes fosen autorizadas polos Servizos Comerciais de Correos.

Só poderán ser cualificadas como “Publicaciones Periódicas” os xornais ou prensa diaria, así como as publicacións de información xeral ou de temática especializada: técnicos, científicos, profesionais, ou destinados a un público determinado.

Cada publicación debe contar coa súa propia autorización e para obtela terá que cumprir os requisitos establecidos por Correos:

Segundo o contido do texto da publicación:

  • Mesmo título en cada exemplar.
  • Textos e artigos de contido diverso.
  • A publicidade non pode superar os 2/3 do total do contido (incluído os encartes).
  • Debe estar paxinada.

Segundo a periodicidade da publicación:

  • Periodicidade mínima: trimestral
  • Tiraxe mínima anual: 1.000 exemplares.

Condicións esixidas aos editores e distribuidores:

  • Deben ter sido editadas e imprimidas en España ou calquera outro país da Unión Europea.
  • Debe ter un número de depósito legal, ISSN ou NIPO e figurar na publicación.

Segundo o contido que pode acompañar á publicación:

  • Suplementos: trátase dunha sección especial engadida que comparte a mesma temática que a publicación.
  • Encartes: páxina ou conxunto delas que pode ir solta ou formando parte da publicación, pero cun formato diferente. O seu contido adoita ser publicitario ou promocional e poden incluír mostras de produto. O número de encartes por publicación é ilimitado, sempre que sumados ao resto da publicidade desta non superen os 2/3 do seu contido. O tamaño dos encartes sempre será igual ou inferior ao da publicación.
  • Mostra de valor/Sachet (bolsiña): mostra de produto para consumir nunha soa vez que deberá ir adherida á publicación ou encarte. Non pode haber máis de 3 mostras por publicación, deben ter un tamaño menor que a publicación ou encarte, pesar menos de 50 g, e ter 5 milímetros máximos de espesor.

Detalles de envío

Ti elixes a embalaxe perfecta. Iso si, necesitamos que o tamaño se axuste a estas medidas:

Como máximo:

  • Sobre ou caixa: Longo + Alto + Ancho = 90 cm, sen que ningunha supere os 60 cm.

Como mínimo:

  • Sobre ou caixa: 14 x 9 cm.

 

E que non supere os 2 kg!

 

Xa só queda que nos digas onde queres que o levemos:

Ámbito Nacional:

  • Zona A*: envíos con destino local, capitais de provincia, localidades con administracións de Correos e poboacións de máis de 50.000 habitantes especificados por Correos.
  • Zona B: resto de destinos.

Ámbito Internacional:

  • Zona 1: Europa, incluída Groenlandia.
  • Zona 2: resto de países que presten este servizo.

 

E dende Correos encargámonos da súa entrega:

  • Os envíos ata 800 g serán depositados na caixa de correo ou compartimento do domicilio do destinatario.
  • Para os envíos de máis de 800 g deixaremos un aviso ao destinatario para que poida recollelo na Oficina de Correos máis próxima ao seu domicilio. Non obstante, pode solicitar que a entrega do envío sexa na súa casa contratando o servizo adicional de “Entrega a Domicilio de envíos”.

 

Ademais, debes ter en conta unha serie de requisitos:

  • Mínimo de 50 exemplares por remesa, contando os envíos dirixidos ao ámbito nacional e internacional.
  • O depósito destes envíos en pequenas cantidades pódese realizar en calquera Oficina de Correos. Para envíos masivos, deberase acudir ás unidades de admisión masiva que Correos ten en cada provincia.
  • Só poderán utilizar a tarifa postal de “Publicaciones Periódicas” as empresas editoras e distribuidoras que fosen autorizadas polos Servizos Comerciais de Correos. A autorización concederase por cada título ou cabeceira de xornal ou revista, unha vez se comprobe que cumpren os requisitos para ser cualificadas postalmente como publicacións periódicas.
  • O acondicionamento destes envíos deberá permitir a verificación do contido.
  • Cando se trate de envíos en sobres pechados, levarán a indicación "Para inspección postal, abrir aquí" nunha das súas solapas.
  • Poden admitirse en embalaxes de plástico sempre que no reverso do envío leven unha franxa opaca ou branca que permita a impresión imborrable, tanto mecánica coma manuscrita.

Prazos de entrega

Dende Correos garantímosche que entregaremos o teu envío o máis rápido que poidamos:

Ámbito Nacional: en 4 días naturais no 90 % dos envíos. Para envíos depositados antes das 16:00 en oficinas con quenda de tarde ou 14:30 en oficinas con horario só de mañá.

Ámbito Internacional:

  • Europa: de 3 a 8 días naturais, segundo orixe e destino.
  • Resto de destinos: segundo o país.

Prezos

Se queres que che fagamos unha oferta personalizada, déixanos os teus datos neste formulario.