Os seus datos serán tratados pola sociedade “Sociedad Estatal Correos y Telégrafos, S.A., SME” (en diante, Correos), NIF: A83052407 con domicilio social sito enCalle del Conde de Peñalver, nº 19, 28006 Madrid (España).
Na nosa páxina web informámolo sobre o nomeamento do delegado de Protección de datos con quen poderá contactar a través do enderezo de correo electrónico dpdgrupocorreos@correos.com.
2. Finalidade do tratamento e lexitimación
O tratamento dos seus datos persegue as seguintes finalidades:
A. Tramitación da consulta
Os datos de carácter persoal do Usuario serán tratados para tramitar a súa consulta e poder ofrecerlle unha resposta personalizada a través de calquera dos medios de comunicación recollidos no formulario ou utilizados polo propio usuario, é dicir, se a consulta a realiza a través do servizo de mensaxería dunha RS, Correos poderá responderlle a través do mesmo medio.
B. Cumprir coas obrigas legais
No cumprimento das obrigas atribuíbles, Correos poderá comunicar os seus datos ás administracións públicas e tribunais, sempre que tal información sexa requirida conforme cos procesos legais establecidos.
Correos ten un interese lexítimo en coñecer tanto a opinión dos usuarios con respecto ao seu servizo de atención ao usuario e/ou resolución de consultas.
- Para lograr o obxectivo exposto no parágrafo anterior, Correos poderá tratar os seus datos e:
- Realizar enquisas de satisfacción tanto telefónicas como por medios electrónicos.
Proceder á súa anonimización, de forma que non poida volver vincularse a información dos seus hábitos de consumo coa súa persoa e, tras iso, realizar estudos estatísticos e econométricos (p. ex. coñecer o ciclo de vida do usuario e/ou identificar modelos de propensión ao abandono).
Para as finalidades expostas no apartado anterior, trátanse un conxunto de datos de carácter persoal que podemos dividir nas seguintes fontes e categorías:
No momento da realización da consulta ou con motivo da súa tramitación.
O usuario garante que, os datos facilitados a Correos para a prestación dos servizos solicitados responden con veracidade á situación real e que comunicará calquera modificación que afecte a estes. En consecuencia, o usuario responderá fronte a Correos e terceiros de calquera dano ou prexuízo ocasionado como consecuencia do incumprimento das obrigas asumidas nesta cláusula.
Salvo que se advirta o contrario, todos os datos recollidos nos formularios de contacto ou solicitados para a súa tramitación serán obrigatorios.
Os seus datos persoais serán conservados mentres sexan necesarios para o desenvolvemento da relación contractual. Unha vez transcorrido este período, os datos serán suprimidos conforme o disposto na normativa de protección de datos, o que implica o seu bloqueo, e só estarán dispoñibles por solicitude de xuíces e tribunais, o Ministerio Fiscal ou as Administracións públicas competentes durante o prazo de prescrición das accións que puidesen derivar para ser posteriormente eliminados. Xeralmente, serán borrados unha vez transcorridos 3 anos.
A nosa normativa de protección de datos confírelle unha serie de dereitos en relación co tratamento de datos que implican os nosos servizos, que podemos resumir nos seguintes:
- Dereito de acceso: Coñecer que tipo de datos estamos a tratar e as características do tratamento que estamos a levar a cabo.
- Dereito de rectificación: Poder solicitar a modificación dos seus datos por ser estes inexactos ou non veraces.
- Dereito de portabilidade: Poder obter unha copia nun formato interoperable dos datos que estean a ser tratados.
- Dereito á limitación do tratamento nos casos recollidos na lei.
- Dereito de supresión: Solicitar a supresión dos seus datos cando o tratamento xa non resulte necesario.
- Dereito de oposición: Solicitar o cesamento no envío de comunicacións comerciais nos termos antes sinalados.
- Dereito a revogar o consentimento prestado.
Pode exercitar os seus dereitos a través dalgunha das seguintes canles, indicando o dereito que desexa exercitar e acompañando copia do documento nacional de identidade ou documento equivalente, ademais de calquera outra documentación que considere oportuna:
a. Enderezo postal: Calle del Conde de Peñalver, nº 19, 28006 Madrid (España)
b. Correo Electrónico: derechos.protecciondatos.correos@correos.com
Na páxina web da Axencia Española de Protección de datos (AEPD) pode encontrar unha serie de modelos que lle axudarán no exercicio dos seus dereitos. Así mesmo, informámolo de que ten dereito a interpoñer unha reclamación ante a autoridade de control (en España, a AEPD) en caso de que considere infrinxidos os seus dereitos.