O presente aviso legal establece as condicións xerais de uso da App “Correos” que a Sociedade Estatal Correos e Telégrafos S.A., S.M.E. (en diante, Correos), con CIF A83052407 pon a disposición dos usuarios en cumprimento da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico.
O acceso á aplicación “Correos” atribúe a condición de usuario e implica a aceptación plena e sen reservas por parte do usuario de todas e cada unha das condicións incluídas neste Aviso legal.
A tal efecto, a aplicación requirirá do usuario, antes da súa primeira utilización, a aceptación plena e expresa das condicións de uso. O contido do presente Aviso legal pode sufrir modificacións, polo que a súa aceptación por parte do usuario, serao respecto da versión do Aviso legal publicado por Correos no momento no que o usuario acceda á aplicación “Correos”.
Por medio da aceptación das presentes Condicións de Uso, o Usuario manifesta:
En caso de non estar de acordo con todo ou parte destas Condicións Xerais de Uso, o Usuario debe absterse de utilizar o servizo