1. Quen tratará os seus datos?
O responsable do tratamento é “Sociedad Estatal Correos y Telégrafos, S.A., S.M.E” (en diante, “Correos”), con CIF A-83052407 e domicilio social en rúa Conde de Peñalver, nº 19, 28006 Madrid (España).
Para garantir a axeitada xestión dese tratamento, Correos designou un Delegado de Protección de datos (DPD ou DPO), a quen se pode dirixir para calquera cuestión que precise con relación a estes a través do seguinte enderezo de correo electrónico: dpdgrupocorreos@correos.com
2. Para que se tratarán os seus datos e por que?
A. Xestión de solicitude de información e no seu caso da visita
Os datos de carácter persoal do usuario serán tratados para tramitar a súa solicitude e poder poñernos en contacto con vostede e no seu caso, fixar a data e hora de visita do noso comercial co obxectivo de que lle informe sobre os produtos e servizos de Correos.
Esta información proporcionarase a través do número de teléfono que nos facilitou e se é o caso, no enderezo de correo electrónico, como na propia visita do noso comercial.
Así mesmo, infórmaselle que en caso de que non facilite os datos requiridos no formulario, marcados cun asterisco, Correos non poderá prestarlle o servizo solicitado.
A base lexítima que ampara este tratamento é a execución dun contrato ou a aplicación de medidas precontractuais a petición do interesado.
B. Envío de ofertas e promocións de produtos e servizos de Correos
No caso no que preste o seu consentimento, con carácter adicional ao envío da información que resulte da xestión da súa solicitude de información, Correos poderá remitirlle por calquera canle electrónica, ou non electrónica, información comercial relacionada coa prestación, mellora e actualización dos nosos produtos e servizos, novas tarifas e descontos.
A base na que se ampara este tratamento é o consentimento do interesado.
En calquera momento, poderá revogar de forma gratuíta o seu consentimento e non recibir novas ofertas e promocións indicándoo a través de correo postal ao enderezo arriba exposto ou por correo electrónico ao enderezo derechos.protecciondatos.correos@correos.com ou a través do noso servizo de atención ao cliente. Así mesmo, en toda comunicación comercial electrónica, informarémolo, novamente, do seu dereito a revogar o seu consentimento.
C. Envío de ofertas e promocións doutras empresas do Grupo Correos e de terceiras empresas
No caso no que preste o seu consentimento, con carácter adicional ao envío da información que resulte da súa solicitude de información, Correos poderá remitirlle por calquera canle electrónica ou non electrónica ofertas e promocións de:
• Outras empresas do Grupo Correos que prestan servizos relacionados cos sectores que pertenzan ás actividades de servizos de paquetería, de valor engadido ao servizo postal, loxística, márketing e de telecomunicación.
• Outras empresas coas que Correos subscribise distintos convenios de colaboración e que poden pertencer a sectores como telecomunicacións, financeiro, gran consumo, sanidade e ONG.
A base na que se ampara este tratamento é o consentimento do interesado.
En calquera momento, poderá revogar de forma gratuíta o seu consentimento e non recibir novas ofertas e promocións indicándoo a través de correo postal ao enderezo arriba exposto ou por correo electrónico ao enderezo derechos.protecciondatos.correos@correos.com ou a través do noso servizo de atención ao cliente. Así mesmo, en toda comunicación comercial electrónica, informarémolo, novamente, do seu dereito a revogar o seu consentimento.
D. Comunicación de datos a outras empresas do Grupo Correos e a terceiras empresas
No caso no que preste o seu consentimento, con carácter adicional ao envío da información que resulte da súa solicitude de información, Correos poderá comunicar os seus datos ás empresas do Grupo Correos e a terceiras empresas cuxos sectores se detallan na finalidade anterior, co obxectivo de que estas empresas poidan facerlle chegar, de forma directa e sen a intermediación de Correos, ofertas e promocións relativas aos seus produtos e servizos.
A base na que se ampara este tratamento é o consentimento do interesado.
E. Enriquecer a súa información
En caso de que preste o seu consentimento, Correos poderá obter unha maior información sobre as súas características, gustos e necesidades a través da información proporcionada por distintas fontes externas, tales como rexistros públicos, catastro, redes sociais, ferramentas de xeomárketing, bases de datos de información económica, como INFORMA, ficheiros de información crediticia, como ASNEF, BADEXCUG etc. co obxectivo de introducir melloras nos nosos produtos e servizos ou adaptar e escoller as ofertas dos devanditos produtos e servizos que mellor se axusten ao seu perfil concreto.
A base na que se ampara este tratamento é o consentimento do interesado.
F. Cumprir coas obrigas legais
No cumprimento destas obrigas, Correos poderá comunicar os seus datos ás Administracións públicas e tribunais, sempre que tal información sexa requirida conforme os procesos legais establecidos.
A base na que se ampara este tratamento é o cumprimento dunha obriga legal.
3. Que datos serán tratados?
Trataranse os datos facilitados no formulario de solicitude.
No caso de non prestar o seu consentimento os datos solicitados das fontes enumeradas na finalidade 2.E
4. Por canto tempo será tratados os seus datos?
Os datos persoais derivados da solicitude de información serán conservados mentres que resulten necesarios para a xestión comercial por vostede solicitada.
Transcorrido este prazo, procederase ao seu bloqueo, estando dispoñibles tan só por solicitude de xuíces e tribunais, o Ministerio Fiscal ou as administracións públicas competentes durante o prazo de prescrición das accións que puidesen derivar e, unha vez transcorrido o período de bloqueo, a súa completa eliminación. Para os efectos exemplificativos, nos casos máis habituais aterase ao prazo de prescrición de tres anos derivado da normativa de protección de datos.
5. Cales son os seus dereitos?
Na medida que estean recoñecidos na normativa de protección de datos aplicable en cada momento, o Usuario poderá exercer os seguintes dereitos en relación co tratamento dos seus datos:
• Dereito de acceso: se exerce este dereito, poderá coñecer que tipo de datos estamos a tratar e as características do tratamento que estamos a levar a cabo.
• Dereito de rectificación: se exerce este dereito, poderá solicitar a modificación dos seus datos por ser estes inexactos ou non veraces.
• Dereito de portabilidade: se exerce este dereito, poderá obter unha copia nun formato interoperable dos datos que estean a ser tratados nos casos recollidos na Lei.
• Dereito á limitación no tratamento de datos: se exerce este dereito, poderá limitar o tratamento dos seus datos nos casos recollidos na Lei.
• Dereito de oposición: se exerce este dereito, poderá opoñerse ao tratamento dos seus datos e solicitar o cesamento no envío de comunicacións comerciais.
• Dereito de supresión: poderá solicitar a supresión dos seus datos cando concorran os requisitos recollidos na Lei.
• Dereito a revogar o consentimento prestado, no seu caso.
Pode exercitar os seus dereitos a través dalgunha das seguintes canles, indicando o dereito que desexa exercitar e acompañando copia do documento nacional de identidade ou documento equivalente, ademais de calquera outra documentación que considere oportuna:
1. Enderezo postal: Rúa Conde de Peñalver, nº 19, 28006 Madrid (España)
2. Correo Electrónico: derechos.protecciondatos.correos@correos.com
Na páxina web da Axencia Española de Protección de datos (AEPD) pode encontrar unha serie de modelos que lle axudarán no exercicio dos seus dereitos. Así mesmo, informámoslle que ten dereito a interpoñer unha reclamación ante a autoridade de control (en España, a AEPD) en caso de que considere infrinxidos os seus dereitos, así como a dirixirse ao Delegado de Protección de Datos (DPD ou DPO) de Correos a través do seguinte enderezo de correo electrónico: dpdgrupocorreos@correos.com.