Política de protección de datos persoais PDA

Quen tratará os seus datos?

Os seus datos serán tratados por Sociedade Estatal Correos y Telégrafos, S.A., S.M.E, con CIF A-83052407 e domicilio social na rúa Conde de Peñalver nº 19, 28006 Madrid (en diante, “Correos”) quen actúa:

i)  Como encargado de tratamento cando os seus datos fosen facilitados por persoas xurídicas;

ii) Como responsable do tratamento cando os seus datos fosen facilitados por unha persoa física.

Para garantir a axeitada xestión do devandito tratamento, Correos designou un Delegado de Protección de Datos (DPD), a quen se pode dirixir para calquera cuestión que precise con relación a estes a través do seguinte enderezo de correo electrónico: dpdgrupocorreos@correos.com 

Que datos serán tratados?

Para acreditar a correcta recepción da entrega debemos identificar o receptor do envío, que pode non se corresponder co destinatario, o que implica rexistrar os seus datos identificativos (nomee, apelidos, número de DNI, NIE ou outro documento fidedigno de identificación e sinatura).

Certos remitentes solicitan a Correos verificar a autenticidade do documento fidedigno de identificación do destinatario, xa for para dar cumprimento a unha normativa, por prevención da fraude, ou porque, debido á valoración realizada única e exclusivamente polo remitente, tal validación resulta proporcional e necesaria. Na prestación deste servizo, Correos limitarase a cumprir coas instrucións do remitente e, polo tanto, obterá unha copia do seu documento fidedigno de identificación e comprobará a existencia de indicios de falsificación a través de medios de lectura mecánica ou outras técnicas de verificación. 

Por último, para poder remitirlle, no seu caso, por correo electrónico a factura simplificada, Correos debe solicitarlle o enderezo de correo electrónico no que vostede desexa recibir a devandita factura.

Para que se tratarán os seus datos e por que?

(I) Acreditar a recepción da entrega

Finalidade do tratamento: Os datos de carácter persoal serán tratados para acreditar a recepción da entrega mediante a captura da súa sinatura. 

Base lexitimadora: Art.º 6.1b): o tratamento é necesario para a execución dun contrato.

Tipo de datos que se tratan: (nome e apelidos, número de identificación e sinatura do receptor).

(II) Remitir por correo electrónico a factura simplificada 

Finalidade do tratamento: Remitir por correo electrónico a factura simplificada.

Base lexitimadora: Art.6.1a) RGPD: o interesado deu o seu consentimento para o tratamento do correo electrónico para a finalidade indicada.

Tipo de datos que se tratan: Datos de contacto (correo electrónico).ptor).

(III) Cumprir coas obrigas legais

Finalidade do tratamento: Dentro das distintas obrigas legais que asume Correos, encóntranse as derivadas da aplicación da normativa postal (Lei 43/2010 do servizo postal universal, dos dereitos dos usuarios e do mercado postal) e o deber de segredo das comunicacións (art. 18 da Constitución), así como a normativa tributaria.

No cumprimento destas obrigas, Correos poderá comunicar os seus datos ás Administracións públicas e tribunais, sempre que tal información sexa requirida conforme os procesos legais establecidos.

Base lexitimadora: Art.6.1c) RGPD: o tratamento é necesario para o cumprimento dunha obriga legal.

Tipo de datos que se tratan: Datos identificativos (nome e apelidos, número de identificación e sinatura do receptor).

Comunicaranse os seus datos a terceiros?

Con carácter xeral non se prevé que os seus datos sexan comunicados a outras persoas distintas de Correos. Non obstante, poden darse as seguintes excepcións:

  • Para cumprir coa lei, podemos vernos obrigados a ter que comunicar os seus datos a outros terceiros, como Administracións públicas (p. ex., FCSE) ou tribunais.
  • Ao remitente do envío naqueles supostos nos que este solicitase a certificación da entrega.

Por canto tempo serán tratados os seus datos?

Os datos persoais do destinatario obtidos no proceso de entrega serán conservados, mentres poida resultar necesario para as finalidades anteditas. Unha vez transcorrido este período, os datos serán suprimidos conforme o disposto na normativa de protección de datos, o que implica o seu bloqueo, e só estarán dispoñibles por solicitude de xuíces e tribunais, o Ministerio Fiscal ou as Administracións públicas competentes durante o prazo de prescrición das accións que puidesen derivar para ser posteriormente eliminados.

Cales son os seus dereitos? 

Na medida que estean recoñecidos na normativa de protección de datos aplicable en cada momento, vostede poderá revogar o seu consentimento ou exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, portabilidade, limitación ao tratamento a través dalgunha das seguintes canles, indicando o dereito a exercitar:

a) Enderezo postal: Rúa del Conde de Peñalver nº 19, 28006 Madrid

b) Enderezo Electrónico: derechos.protecciondatos.correos@correos.com 

Esixirase acreditar a identidade da persoa que exerce os seus dereitos en caso de que Correos non a poida confirmar na vía de comunicación da mensaxe.

Na páxina web da Axencia Española de Protección de datos (AEPD) pode encontrar unha serie de modelos que lle axudarán no exercicio dos seus dereitos. Así mesmo, informámolo de que ten dereito a interpoñer unha reclamación ante a autoridade de control (en España, a AEPD) en caso de que considere infrinxidos os seus dereitos.