1. Responsable do tratamento
O responsable do tratamento é a Sociedad Estatal Correos y Telégrafos, S.A., S.M.E. (en diante, “CORREOS”), con NIF A-83052407, e con domicilio social en rúa do Conde de Peñalver, 19 - 28006 Madrid (España).
Para garantir a axeitada xestión dese tratamento, CORREOS designou un Delegado de Protección de datos (DPD ou DPO), a quen se pode dirixir para calquera cuestión que precise con relación a estes a través do seguinte enderezo de correo electrónico: dpdgrupocorreos@correos.com
2. Finalidade do tratamento, base lexitimadora e tipo de datos tratados
Os seus datos de carácter persoal serán tratados por CORREOS, como responsable do tratamento, para a seguinte finalidade e realízase sobre a seguinte base de lexitimación:
Descrición da finalidade: Os seus datos de carácter persoal serán tratados para comprobar a autenticidade do correo electrónico ou sms recibido por vostede en nome de CORREOS, co obxectivo de que vostede poida detectar posibles intentos de fraude ou suplantación de identidade (phishing na canle correo electrónico; smishing na canle SMS) que utilicen o nome ou a imaxe de CORREOS.
Datos tratados con esta finalidade: Enderezo de correo electrónico ou número de teléfono.
Base de lexitimación: O interese lexítimo de CORREOS é (i) a loita contra a fraude utilizando a marca de CORREOS e (ii) evitar que os interesados se vexan prexudicados cando reciben un correo electrónico en nome de CORREOS.
3. Fontes das que proceden os datos persoais
Os datos tratados con esta finalidade proceden de vostede ao usar o verificador.
4. Comunicacións de datos a terceiros
Con carácter xeral non se prevé que os seus datos sexan comunicados a outras persoas distintas de CORREOS. Porén, para cumprir coa lei, podemos vernos obrigados a ter que comunicar os seus datos a outros terceiros, como Administracións públicas (p. ex., FCSE) ou tribunais.
Independentemente do anterior, poderán compartirse os seus datos cos provedores de CORREOS que requiran do acceso a datos persoais, os cales os tratarán en condición de encargados do tratamento, conforme ás instrucións baixo a supervisión de CORREOS.
5. Transferencias internacionais de datos
Non se prevé a transferencia internacional dos datos persoais dos interesados. Non obstante, en caso de efectuarse algunha transferencia internacional, levarase a cabo atendendo aos criterios e requisitos esixidos pola normativa vixente, por medio da adopción de garantías xurídicas adecuadas, as cales poderán consistir na formalización co destinatario dos datos de (i) Cláusulas Contractuais Tipo aprobadas pola Comisión Europea para lexitimar a transferencia internacional de datos a terceiros países ou (ii) noutro instrumento xurídico válido que permita garantir un nivel adecuado de protección equivalente ao do Espazo Económico Europeo.
6. Prazo de conservación dos datos
Os datos persoais serán tratados no momento de realizar a comprobación da veracidade do correo electrónico ou sms recibido por vostede en nome de CORREOS. Informámolo de que a información empregada para levar a cabo esta comprobación non quedará almacenada nos sistemas.
7. Os seus dereitos
Na medida que estean recoñecidos na normativa de protección de datos aplicable en cada momento, poderá exercer os seguintes dereitos en relación co tratamento dos seus datos:
Pode exercitar os seus dereitos a través dalgunha das seguintes canles, indicando o dereito en cuestión:
1. Enderezo postal: Conde de Peñalver, 19, 28006 Madrid (España)
2. Correo Electrónico: derechos.protecciondatos.correos@correos.com
Na páxina web da Axencia Española de Protección de datos (AEPD) pode encontrar unha serie de modelos que lle axudarán no exercicio dos seus dereitos. Así mesmo, informámolo de que ten dereito a interpoñer unha reclamación ante a autoridade de control (en España, a AEPD) en caso de que considere infrinxidos os seus dereitos.
CORREOS facilitará a información solicitada no prazo máximo de un (1) mes a partir da recepción da solicitude. O devandito prazo poderá prorrogarse outros dous (2) meses en caso necesario, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes.