Política de Protección de Datos - Modify Entrega a terceiros autorizados

1.   Responsable do tratamento

O responsable do tratamento é a Sociedad Estatal Correos y Telégrafos, S.A., S.M.E. (en diante, “Correos”), con NIF A-83052407, e con domicilio social en rúa do Conde de Peñalver, 19, 28006 Madrid (España).

Para garantir a axeitada xestión dese tratamento, Correos designou un Delegado de Protección de datos (DPD ou DPO), a quen se pode dirixir para calquera cuestión que precise con relación a estes a través do seguinte enderezo de correo electrónico:  dpdgrupocorreos@correos.com

 

2.   Datos tratados, finalidade do tratamento e base xurídica

O tratamento dos seus datos realízase coa seguinte finalidade e realízase baixo a seguinte base lexitimadora:

Finalidade 1:  Autorización do destinatario do envío e Xestión da entrega deste á persoa autorizada

Descrición da finalidade: (i) Tramitación da autorización do destinatario do envío (ii) Proceder á entrega do envío á persoa autorizada polo destinatario deste a través da aplicación Modify de Correos.

 Datos tratados para esta finalidade:

- Datos identificativos e de contacto: Datos do destinatario do envío: Nome, apelidos do destinatario do envío e o código de envío, Número de teléfono e/ou correo electrónico do destinatario do envío.

- Datos persoa autorizada: En caso de entrega a veciño autorizado, nome, apelidos e enderezo do veciño autorizado.

Base xurídica: A base xurídica para o tratamento dos seus datos é o consentimento do destinatario.

Finalidade 2: Cumprir coas obrigas legais

Descrición da finalidade: No cumprimento das obrigas atribuíbles, Correos poderá comunicar os seus datos ás administracións públicas e tribunais, sempre que tal información sexa requirida conforme cos procesos legais establecidos.

Datos tratados con esta finalidade: Para esta finalidade, trataranse os datos necesarios para o cumprimento das obrigas legais de conformidade á normativa aplicable.

Base de lexitimación: A base na que se ampara este tratamento é o cumprimento dunha obriga legal.

 

3.  Fontes das que proceden os datos persoais

Os seus datos de contacto, correo electrónico e teléfono e os seus datos identificativos, nome e apelidos foron proporcionados a Correos polo remitente do envío. Adicionalmente, Correos tratará os datos adicionais que vostede nos facilite para a tramitación da autorización e xestión da entrega do envío á persoa por vostede autorizada.  

Será necesario que o destinatario achegue, os datos obrigatorios indicados no formulario. En caso de non subministrar tales datos considerados como necesarios, Correos non poderá realizar a tramitación da autorización e xestión da entrega do envío ao autorizado.

 

4. Comunicación de datos

Con carácter xeral non se prevé que os seus datos sexan comunicados a outras persoas distintas de Correos. Porén, para cumprir coa lei, podemos vernos obrigados a ter que comunicar os seus datos a outros terceiros, como Administracións públicas (p. ex., FCSE) ou tribunais.

 

5.- Que debe garantirnos ao achegar os seus datos de carácter persoal?

 O interesado garante que os datos achegados son verdadeiros, exactos, completos e actualizados, sendo responsable de calquera dano ou prexuízo, directo ou indirecto, que puidese ocasionarse como consecuencia do incumprimento de tal obriga.

O destinatario  garante que os datos da persoa autorizada comunicados a Correos lle foron facilitados polo autorizado e que, nos supostos en que resulte necesario, obtivo o consentimento informado do  autorizado  para a cesión dos devanditos datos a Correos de conformidade coas esixencias establecidas na normativa vixente en materia de protección de datos e manterá indemne Correos de calquera dano ou prexuízo que poida derivarse dunha reclamación ou sanción derivada do incumprimento do recollido na presente cláusula.

 

6. Transferencias internacionais

Non se prevé a transferencia internacional dos datos persoais dos interesados. Non obstante, en caso de efectuarse algunha transferencia internacional, levarase a cabo atendendo aos criterios e requisitos esixidos pola normativa vixente, por medio da adopción de garantías xurídicas adecuadas, as cales poderán consistir na formalización co destinatario dos datos de (i) Cláusulas Contractuais Tipo aprobadas pola Comisión Europea para lexitimar a transferencia internacional de datos a terceiros países ou (ii) noutro instrumento xurídico válido que permita garantir un nivel adecuado de protección equivalente ao do Espazo Económico Europeo.

 

7. Prazo de conservación dos datos

Os seus datos persoais serán conservados mentres poida resultar necesario certificar a entrega do envío fronte ao remitente, Ministerio Fiscal ou Xuíces e Tribunais. 

Unha vez transcorrido este período, os datos serán suprimidos conforme o disposto na normativa de protección de datos, o que implica o seu bloqueo, e só estarán dispoñibles por solicitude de xuíces e tribunais, o Ministerio Fiscal ou as Administracións públicas competentes durante o prazo de prescrición das accións que puidesen derivar para ser posteriormente eliminados.

 

8.   Os seus dereitos en materia de protección de datos

A nosa normativa de protección de datos confírelle unha serie de dereitos en relación co tratamento de datos que implican os nosos servizos, que podemos resumir nos seguintes:

  • Dereito de acceso: Coñecer que tipo de datos estamos a tratar e as características do tratamento que estamos a levar a cabo.
  • Dereito de rectificación: Poder solicitar a modificación dos seus datos por ser estes inexactos ou non veraces.
  • Dereito de portabilidade: Poder obter unha copia nun formato interoperable dos datos que estean a ser tratados.
  • Dereito á limitación do tratamento nos casos recollidos na lei.
  • Dereito de supresión: Solicitar a supresión dos seus datos cando o tratamento xa non resulte necesario.
  • Dereito de oposición: Pódese exercer este dereito en caso de que o tratamento dos seus datos se realice sobre a base dunha misión de interese público ou sobre a base da satisfacción de interese lexítimos perseguidos por Correos ou por un terceiro.
  • Dereito a revogar o consentimento prestado.

Pode exercitar os seus dereitos a través dalgunha das seguintes canles:

  • Enderezo postal: Rúa do Conde de Peñalver, 19, 28006 Madrid (España)

Na páxina web da Axencia Española de Protección de datos (AEPD) pode encontrar unha serie de modelos que lle axudarán no exercicio dos seus dereitos. Así mesmo, informámolo de que ten dereito a interpoñer unha reclamación ante a autoridade de control (en España, a AEPD) en caso de que considere infrinxidos os seus dereitos.