Giro Internacional

Envía o teu diñeiro por todo o mundo, sen riscos nin complicacións.

Dende

4,75 €

Servizos adicionais

Aviso de Recibo

Confirmación de entrega por escrito, de maneira que quede constancia de cando e quen recibiu o envío.

Ver países de destino

Entrega en propia man

Entrega confirmada nas propias mans do destinatario. É necesario que na oficina de Correos che aseguren que o país de destino admite este servizo.

Ven a vernos ás nosas oficinas de Correos e tráenos o importe que queiras enviar. Non esquezas o teu documento de identificación!
Facilita os datos do destinatario autorizado para a súa recollida xunto co seu enderezo. Só se entregará o diñeiro á persoa que nos indiques para facilitar a seguridade do teu envío.
Elixe a modalidade de entrega, ordinaria ou urxente, e envíao a un domicilio ou a unha oficina de Correos. Recorda que o Giro Urgente só se entrega en oficina. 

Información do produto

Descrición

Co noso servizo de Giro Internacional poderás traspasar fronteiras e realizar pagamentos a outras persoas ou empresas de calquera país co que teñamos acordo dende Correos, coa máxima seguridade e garantías que sempre ofrecemos.

Ademais, non retemos ningunha cantidade ao destinatario e atendemos as restricións que cada país teña vixentes respecto aos tipos e formas de aboamento.

Detalles de envío

Servizo totalmente personalizado e adaptado a ti:

Modalidade de entrega:

  • Giro UPU Electrónico IFS (dispoñibilidade inmediata): entrega en apenas uns minutos.

Modalidade de aboamento:

  • Efectivo.

Importes xirados:

  • Máximo: 2.499,99€ ou o seu contravalor en moeda estranxeira.
  • O importe máximo pode variar segundo país de destino.

E iso non é todo!

Ademais, podes incluír unha comunicación privada de 140 caracteres sen custo adicional.

Os países que prestan este servizo son: 

Colombia Cuba Marrocos Uruguai Perú Portugal Chile Ecuador Paraguai

Garantías e prazos de entrega

Con todas as garantías que ofrecemos dende Correos.

Prazo de Entrega:

Nun máximo de 15 minutos tras a admisión, o diñeiro que envíes poderá ser recollido polo destinatario tendo en conta a diferenza horaria cos países cos que intercambies diñeiro. Horario dependendo da diferenza horaria cos países cos que se intercambia diñeiro.

Prezo

Se queres que che fagamos unha oferta personalizada, falemos.