Co servizo Correos Cash poderás realizar diversos movementos bancarios a través das nosas oficinas ou con entregas a domicilio para a túa maior comodidade:
Retirada de efectivo en oficinas: mediante o noso produto Giro Inmediato.
- Paso 1: Solicita retirar efectivo dende a app do teu banco.
- Paso 2: O teu banco envíanos un localizador de Giro Inmediato.
- Paso 3: Acude a calquera oficina de Correos co localizador e o teu DNI.
- Paso 4: O noso persoal realiza a operación. Ti só terás que asinar e dende Correos entregámosche o diñeiro e o resgardo.
Retirada de efectivo a domicilio: mediante o noso produto Giro Ordinario a domicilio.
- Paso 1: Solicita retirar efectivo dende a app do teu banco.
- Paso 2: O teu banco solicítanos a orde de Giro Ordinario a domicilio.
- Paso 3: Dende Correos confirmámoslles a entrega e preparámolo para levarcho á casa.
- Paso 4: Os nosos profesionais entréganche o diñeiro en efectivo e o resgardo da operación.
Ingreso de efectivo: mediante o noso produto Giro de orde de Ingreso en Conta.
- Paso 1: Solicita retirar efectivo dende a app do teu banco.
- Paso 2: O teu banco enviarache unha nube de puntos ou código de barras con toda a información necesaria para realizar o ingreso.
- Paso 3: Acude a calquera oficina de Correos coa nube de puntos ou código de barras, o diñeiro que desexas ingresar e o teu DNI.
- Paso 4: O noso persoal le a nube de puntos ou o código de barras e recolle o diñeiro que vai ingresar. Ti só terás que asinar e recoller o resgardo da operación.
Importes:
- Máximo: 2.499,99€.
- Mínimo: 0,01€.