Selos

Os selos de Correos como selo de identidade, para envíos e para coleccionar.

Dende

0,82 €

QUÉROO
Selos Dende 0,82 € QUÉROO

Información do produto

Descrición

Atopa o teu selo perfecto en Correos, en calquera das nosas oficinas ou a través da nosa Tenda Online.

Ofrecemos unha gran variedade de formatos e tarifas para axustarnos a todos os teus envíos, tanto se son nacionais como internacionais. 

Ademais, contamos con deseños únicos e orixinais que farán que a túa colección sexa a máis especial. Históricos, emblemáticos, de recoñecidos personaxes de animación ou das túas películas favoritas... non importa como sexa a túa colección, nós completámola. 

Formatos

Selo.- Un só selo por emisión, é o máis común.

Folla bloque.- É unha superficie de papel ilustrada na que aparecen un ou máis selos, co seu correspondente valor de franqueo, diferentes medidas e sistemas de impresión. Supón unha forma acertada de agrupar selos dun mesmo tema e é a alternativa para mostrar personaxes vivos no ámbito do selo.

Prego Premium.- Pezas filatélicas singulares, que enriquecen a variedade, orixinalidade e calidade das emisións filatélicas. Dende o ano 2014.

  • Pregos de entre 12 e 20 selos con deseño e impresión singular.
  • Motivos e ilustracións que abranguen a totalidade do prego e alusivos á temática dos selos.
  • Inclúen citas literarias ou textos descritivos.

Miniprego.- Contén varios selos conmemorativos de España ou Andorra, nunha pequena folla en cuxas marxes se integran motivos da emisión.

Carné.- Forma de presentación dos selos en pequenos bloques ou follas, cunhas tapas ou envases protectores, que facilitan tanto a súa conservación coma a súa venda en máquinas expendedoras.

Prezo

Correos vende emisións de selos do ano actual máis os dous anos anteriores.

Tarifa A - 0,82 €. Para carta Nacional normalizada ata 20 g.

Tarifa A2 - 0,92 €. Para carta Nacional ordinaria de 20 a 50 g.

Tarifa B - 1,70 €. Para carta Internacional-Europa ordinaria ata 20 g.

Tarifa C - 1,75 €. Para carta Internacional -resto do mundo, agás: EEUU, Canadá, Xapón, Australia, Nova Zelandia e Rusia- ordinaria ata 20 g.

Tarifa D - 2,10 €. Para carta Internacional -EEUU, Canadá, Xapón, Australia, Nova Zelandia e Rusia- ordinaria ata 20 g.