Paquete Internacional Premium

O destino do teu envío é chegar a tempo, a calquera lugar do mundo.

Dende

38,95 €

ENVIAR
Paquete Internacional Premium Dende 38,95 € ENVIAR

Servizos adicionais

Seguro

Contrata un seguro complementario que cubra a perda ou deterioración dos teus envíos, cun límite máximo de 3.000€.
MÁIS INFO
Describe os teus envíos. Este servizo permite a identificación e enumeración de cada un dos paquetes que compoñen unha relación de envíos.
Rexistra o conxunto de destinatarios aos que queres enviar os paquetes e indica se desexas incluír algún servizo engadido.
Realiza o pagamento con tarxeta bancaria, PayPal, a través dunha das nosas oficinas ou enviando o paquete nun sobre prepagado.
Imprime as etiquetas que identifican os paquetes antes de levalos a unha das nosas oficinas.

Información do produto

Descrición

O Paquete Internacional Premium é a mellor opción para eses envíos que non poden agardar a chegar moi lonxe:

  • Máxima rapidez: envíos urxentes e sempre a tempo.  
  • Maior seguridade: entrega a domicilio e baixo sinatura do destinatario.
  • Pola túa tranquilidade: ampla cobertura grazas á rede EMS e unhas garantías excepcionais. A EMS é un Servizo de Correo Express especial para envíos internacionais, ofrecido polo servizo postal de cada país que participa no proceso do envío.
  • A todas as partes: para os destinos internacionais que admitan este servizo.

Detalles de envío

Ti elixes a embalaxe perfecta. Podes comprar un montón de produtos dispoñibles na nosa Tenda Online e en todas as oficinas de Correos!

Iso si, necesitamos que o tamaño se axuste a estas medidas:

Como máximo:

  • Caixa: Longo + Alto + Ancho = 200 cm, sen que ningunha supere os 105 cm.
  • Rolo ou tubo: Longo = 100 cm e Diámetro = 15 cm.

Como mínimo:

  • Sobre ou caixa: 14 x 9.
  • Rolo ou tubo: Longo + dúas veces o diámetro = 17 cm, sen que ningunha medida sexa inferior a 10 cm.

Se queres enviar algo máis pequeno, non te preocupes, só terás que engadirlle unha etiqueta de 10 x 7 cm na que apareza o enderezo e o franqueo.

E que non supere os 30 kg de peso real! (segundo o país de destino).

Consulta as zonas internacionais e como se dividen

Garantías e prazos de entrega

Se o teu envío sofre algunha incidencia ao chegar ao seu destino, dende Correos indemnizámoste. Se prefires que a compensación sexa cobrada polo destinatario, deberás presentarnos unha autorización asinada.

Sabemos que confías en nós e este é o noso xeito de agradecercho:

Prazos de Entrega do Paquete Internacional Premium Anexo I. Condicións para os prazos de entrega paquetería internacional
Garantías Internacionais:
Por demora:
  • Prazos para poder formular unha incidencia ou reclamación: mínimo 7 días e máximo 21 días, dende a data de entrega do envío.
  • Indemnización: por demora atribuíble a Correos, devólvese a tarifa correspondente sen incluír os valores engadidos.
  • Condicións: os prazos de entrega calcúlanse dende a orixe na oficina de admisión en España a grandes núcleos urbanos do país de destino. O tempo de tránsito ao resto do territorio pode incrementarse en 1 ou 2 días adicionais.
  • Ademais, se o envío se admite despois das 14:00 en capitais de provincia e 13:00 no resto do país, o prazo de entrega empezará a contar a partir do día seguinte ao da admisión.
  • O tempo que os envíos permanecen gardados na alfándega de orixe ou destino non se contabiliza ao calcular o prazo de entrega, por iso é importante consignar todos os datos de forma clara na documentación postal, así como achegar os documentos necesarios que axilizan os trámites aduaneiros (factura comercial, factura pro forma etc.).
Por deterioración:
  • Prazos para poder formular unha incidencia ou reclamación: mínimo 3 días e máximo 4 meses, dende a data de admisión do envío.
  • Indemnización: ata un máximo de 52,98€ segundo o valor da deterioración do envío. Ao importe da indemnización hai que sumar a tarifa aboada, e o Seguro se o contrataches, cuxa cobertura máxima son 3.000 €. 
  • Condicións: se un envío internacional xestionado por Correos é recibido coa embalaxe deteriorada, é necesario que o destinatario, antes de asinar a recepción do envío, notifique a incidencia ao empregado postal e solicite que se levante unha acta de danos. Ademais, deberá poñerse en contacto co remitente para que realice a correspondente reclamación con Correos.
  • Documentos para achegar: no caso de reclamación dun envío deteriorado ou con falta de contido que dispoña de Seguro ou Valor Declarado, poderemos solicitar un documento xustificativo do valor da mercadoría, factura de reparación ou de reposición.
  • En Correos reservámonos o dereito de avaliar se o paquete ía correctamente protexido para garantir a integridade do contido. Durante a admisión, o noso persoal pode asesorarte sobre como preparar o teu envío e ofrecerche a embalaxe máis axeitada.
Por extravío:
  • Prazos para poder formular unha incidencia ou reclamación: mínimo 7 días e máximo 4 meses, dende a data de admisión do envío.
  • Indemnización: tarifa aboada + 52,98 €.
  • Se o envío ten contratado Seguro ou Valor Declarado, cuxa cobertura máxima son 3.000 €, a indemnización sería a tarifa aboada + 52,98 euros + Seguro ou Valor Declarado.
  • Documentos para achegar: no caso de reclamación dun envío extraviado ou con falta de contido que dispoña de Seguro ou Valor Declarado, poderemos solicitar un documento xustificativo do valor da mercadoría, factura de reparación ou de reposición.

Iso e entregar o teu envío o máis rápido que poidamos.

Localiza a túa oficina de Correos máis próxima e tráenos o teu envío. Ten en conta que os prazos de entrega dependen do país de destino:

  • Para calcular os prazos de entrega contamos en días laborables, tanto do país de orixe como de destino.
  • O prazo de entrega comprende dende que recibimos o paquete nunha das nosas oficinas ata que o entregamos na cidade de destino. Para levalo a algún lugar dos arredores podemos necesitar entre 1 e 2 días máis.
  • Non contamos os días de atraso que poidan xurdir por causas alleas a Correos como tormentas, folgas ou conflitos colectivos.
  • Tampouco contamos os días que os envíos permanecen nas alfándegas. Por iso é moi importante que escribas claramente todos os datos nun lugar visible da embalaxe e que achegues os documentos necesarios para os trámites aduaneiros (factura comercial, factura proforma, etc).
  • Se o envío vai dirixido a un Apartado Postal ou Lista de Correos contaremos os días dende que admitimos o envío nunha das nosas oficinas ata que o depositamos no seu destino ou recibimos o aviso correspondente.
  • O prazo de entrega para un envío con prerrexistro online comeza a partir de que nolo traias a Correos.
  • Escribe os datos do teu envío en español ou inglés. Se o fas no idioma do país de destino, non se che esqueza incluír unha tradución a algunha destas dúas linguas. Non recomendamos escribir caracteres cirílicos, árabes ou chineses, xa que podería supoñer unha demora na entrega.
  • Recorda que se nos traes o teu envío despois das 17:00 o prazo de entrega comezará a partir do día seguinte.

Prezo

Consulta a túa tarifa aquí ou nas oficinas de Correos.