Os teus envíos viaxarán en preferente, sen baleirarche os petos.
Dende
32,10 €
En Correos reservámonos o dereito de rexeitar a contratación deste seguro dependendo da tipoloxía da mercadoría, o valor solicitado ou o destino. A cobertura exclúe a estafa ou fraude, derramos ordinarios, perda de peso ou volume por desgaste natural, así como uso e deterioración a causa de defectos do propio obxecto.
O importe dos obxectos contratados no Seguro non se verá alterado por calquera outro que apareza nos documentos aduaneiros ou de facturación do envío. En caso de sinistro, indemnizarase a cantidade menor:
Se queres o mellor prezo para eses envíos que non poden esperar, o Paquete Internacional Standard é a túa opción ideal:
Ti elixes a embalaxe perfecta. Podes comprar un montón de produtos dispoñibles na nosa Tenda Online e en todas as oficinas de Correos!
Iso si, necesitamos que o tamaño se axuste a estas medidas:
Como máximo:
Como mínimo:
Se queres enviar algo máis pequeno, non te preocupes, só terás que engadirlle unha etiqueta de 10 x 7 cm na que apareza o enderezo e o franqueo.
E que non supere os 30 kg de peso real! (segundo o país de destino).
O peso volumétrico xa o calculamos nós.
Xa só queda que nos digas onde queres que o levemos:
Importante! Lembra que estes envíos non se poden dirixir nin a Apartados Postais nin a Lista de Correos.
Se o teu envío sofre algunha incidencia ao chegar ao seu destino, dende Correos indemnizámoste. Se prefires que a compensación sexa cobrada polo destinatario, deberás presentarnos unha autorización asinada.
Sabemos que confías en nós e este é o noso xeito de agradecercho:
Iso e entregar o teu envío o máis rápido que poidamos.
Localiza a túa oficina de Correos máis próxima e tráenos o teu envío. Ten en conta que os prazos de entrega dependen do país de destino.
O peso volumétrico é o peso dun paquete, pero tendo en conta as súas dimensións. Para calcular as nosas tarifas, as empresas de transporte adoitamos utilizar esta medida en vez do peso real, porque non ocupa o mesmo transportar 1 kg dun obxecto voluminoso que un 1 kg dun obxecto reducido, aínda que o seu peso sexa igual.
En Correos aplicamos o criterio peso/volume entre 167kg/m³ no momento da admisión do paquete, seguindo a seguinte fórmula: longo x alto x ancho en cm / 6.000.