Carta Ordinaria

A todos os destinos e dunha sinxeleza extraordinaria.

Dende

0,70 €

ENVIAR
Carta Ordinaria Dende 0,70 € ENVIAR

Servizos adicionais

Petición do remitente de reexpedición

Podes solicitar adicionalmente unha reexpedición dos teus envíos. Abóase por envío, non por remesas e, se se realiza por telégrafo, terás que aboar o prezo do servizo telegráfico correspondente.

Petición de devolución ou modificación de enderezo

Podes solicitar a devolución, modificación ou corrección do enderezo postal do envío.

MÁIS INFO
Selecciona ENVIAR e rexistra previamente as túas cartas de xeito online ou visítanos nalgunha das nosas oficinas.
Indica que tipo de carta desexas enviar, completa os datos e indica se desexas incluír algún servizo engadido. Tamén podes elixir a nosa Carta Dixital!
Realiza o pagamento con tarxeta bancaria, PayPal, ou a través dunha das nosas oficinas.
Imprime as etiquetas que identifican as cartas antes de xestionar a súa recollida ou de levalas a unha das nosas oficinas.

Información do produto

Descrición

  • Doado: elixe a nosa opción de envíos normalizados coa que aforrarás tempo e custos.
  • Adaptado a ti: envíos de ata 2 kg con entrega de entre 2 e 4 días.
  • A todos os destinos: para envíos nacionais e internacionais, a través das nosas oficinas ou online.

Detalles de envío

Ti elixes a embalaxe perfecta. Iso si, necesitamos que o tamaño se axuste a estas medidas:

Como máximo:

  • Sobre ou caixa: Longo + Alto + Ancho = 90 cm, sen que ningunha supere os 60 cm.
  • Rolo ou tubo: Longo + dúas veces o diámetro = 104 cm, sen que ningunha supere os 90 cm.

Como mínimo:

  • Sobre ou caixa: 14 x 9 cm.
  • Rolo ou tubo: Longo + dúas veces o diámetro = 17 cm, sen que ningunha sexa inferior a 10 cm.

Se queres enviar algo máis pequeno, non te preocupes, só terás que engadirlle unha etiqueta de 10 x 7 cm na que apareza o enderezo e o franqueo.

E que non supere os 2 kg!

Ou tamén podes elixir a nosa opción de envíos normalizados. O seu axustado formato permítenos tratalos automaticamente para abaratar custos e simplificar o proceso:

  • Formato rectangular: en sobre ou forma de tarxeta.
  • Cor do sobre: branca ou cores claras (agás azul).
  • Formato de letra: altura entre 2 e 8 mm, de fontes comerciais, espesor normal e cor escura. Evitar superposición ou contacto entre os caracteres, fontes artísticas, a cursiva ou os subliñados, espesores moi finos ou moi grosos e as tintas fluorescentes.
  • Dimensións: mínimas de 14 x 9 cm e máximas de 23,5 x 12 cm. O espesor non pode superar os 5 mm.
  • Peso: 20 g máximo.

Xa só queda que nos digas onde queres que o levemos:

  •  É importante que os teus datos e os do destinatario estean nun lugar visible sobre a embalaxe.
  •  As cartas con contido comercial destinadas a Andorra, Canarias, Ceuta e Melilla levarán o impreso DA 1 cuberto. 

Garantías e prazos de entrega

Entregamos o teu envío o máis rápido que poidamos

Localiza a túa oficina de Correos máis próxima e tráenos o teu envío antes das 16:00 (en oficinas con quenda de tarde) ou 14:30 (en oficinas con horario de mañá), levámolo en:

  • Nacional: 3 días (no 93 % dos envíos).
  • Europa: 2 a 4 días.
  • Resto de destinos: depende do país.

Prezo

Consulta a túa tarifa, en Correos temos as mellores.