Paq Bicicleta

En Correos encargámonos de transportar a túa bicicleta para que calquera estadía vaia sobre rodas. Viaxar coa túa bici xa é posible!

Dende

48,05 €

Achégate á túa oficina máis próxima e pídenos o Paq Bicicleta. 
Introduce a túa bicicleta na embalaxe especial que deseñamos en Correos. 
Recóllea na oficina que che indiquemos. Avisarémoste cando estea dispoñible. 

Información do produto

Descrición

Sabemos que ata o de agora levar a túa bicicleta como acompañante nas túas viaxes foi unha misión case imposible. Pero... Correos pon fin a todos os teus problemas! Si, deseñamos o Paq Bicicleta, a opción máis cómoda para viaxar coa túa bici. Levámola ao destino que elixas e gardámola na oficina de destino durante 15 días. Garantímosche a seguridade do teu amado vehículo de dúas rodas ata o voso reencontro: este servizo inclúe un seguro de 300 €. 

Moi importante! Se a túa oficina máis próxima é pequena, recomendámosche acudir varios días antes para asegurarte de que dispoñen da embalaxe especial o día que deposites a túa bicicleta. 

En 3 días poderás recollela en calquera outro territorio nacional! No caso no que a túa aventura sexa internacional, terala á túa disposición nun prazo de 2 a 4 días na oficina do país que nos indiques. 

E… se falamos de aventuras, entón falamos do Camiño de Santiago. Esta é unha experiencia única que moitos valentes deciden emprender en bicicleta. Para eles tamén é o noso Paq Bicicleta

Se este ano te unes ao Camiño só te terás que preocupar de pedalear, en Correos encargámonos de enviar a túa bicicleta dende a túa oficina máis próxima ata o punto de inicio da túa aventura, e de recollela cando chegues ao final para levarcha á casa.

Detalles de envío

Embalaxe especial: 150 x 30 x 90 cm.

Máximo 20 kg.

Garantías e prazos de entrega

Entregamos o teu envío o máis rápido que poidamos

  • Nacional: 3 días.
  • Europa: 2 a 4 días.
  • Resto de destinos: depende do país.

Prezo

Consulta a túa tarifa aquí ou nas oficinas de Correos.