Paquete Azul

Envío de paquetería con entrega en domicilio.

Dende

16,20 €

ENVIAR
Paquete Azul Dende 16,20 € ENVIAR

Servizos adicionais

Reembolso

Recibe o cobramento dos teus envíos de xeito máis seguro, sinxelo e fiable. Dende Correos reembolsámosche a cantidade aboada previamente polo destinatario e que aparece no envío.

Valor declarado

Aplicable a cada envío, calcúlase como unha porcentaxe do valor da mercadoría. 
MÁIS INFO

Aviso de Recibo

Confirmación de entrega por escrito, de maneira que quede constancia de cando e quen recibiu o envío.

Ver países de destino
Selecciona ENVIAR e rexistra previamente os teus envíos de xeito online para axilizar o proceso ou visítanos nalgunha das nosas oficinas.
Indica que tipo de envío desexas realizar, completa os datos e se desexas incluír algún servizo engadido.
Realiza o pagamento con tarxeta bancaria, PayPal ou a través das nosas oficinas.
Imprime as etiquetas que identifican os paquetes e lévaos a unha das nosas oficinas de Correos.

Información do produto

Descrición

O Paquete Azul é a mellor opción para os teus envíos máis voluminosos:

  • Máxima seguridade: cada entrega queda identificada e rexistrada individualmente. Preparado para envíos con ou sen valor comercial.
  • Con garantías: entrega a domicilio baixo sinatura do destinatario. Se finalmente non se pode realizar, deixaremos un aviso na caixa de correo coa oficina indicada para recollelo durante 15 días. 
  • Pola túa tranquilidade: solicita o seguimento do teu envío co noso localizador de envíos ou por teléfono. 
  • Adaptado ás túas necesidades: dispoñible para envíos nacionais e a Andorra de ata 20 kg.

Detalles de envío

Ti elixes a embalaxe perfecta. Podes comprar unha morea de produtos na nosa Tienda Online e en todas as oficinas de Correos! 

Iso si, necesitamos que o tamaño se axuste a estas medidas:

Como máximo:

  • Caixa: Longo + Alto + Ancho = 200 cm, sen que ningunha supere os 100 cm.
  • Rolo ou tubo: o longo non pode superar os 100 cm e o diámetro 15 cm.

Como mínimo:

  • Caixa: 14 x 9 cm.
  • Rolo ou tubo: Longo + dúas veces o diámetro = 17 cm, sen que ningunha sexa inferior a 10 cm.

Se queres enviar algo máis pequeno, non te preocupes, só terás que engadirlle unha etiqueta de 10 x 7 cm na que apareza o enderezo e o franqueo.

Peso: ata 20 kg.

Peso Volumétrico: máximo 50 kg. 

O peso volumétrico é o peso dun paquete, pero tendo en conta as súas dimensións. Para calcular as nosas tarifas, as empresas de transporte adoitamos utilizar esta medida en vez do peso real, porque non ocupa o mesmo transportar 1 kg dun obxecto voluminoso que un 1 kg dun obxecto reducido, aínda que o seu peso sexa igual.

En Correos aplicamos o criterio peso/volume entre 167kg/m³ no momento da admisión do paquete, seguindo a seguinte fórmula: longo x alto x ancho en cm / 6.000.

Xa só queda que nos digas onde queres que o levemos:

  • É importante que os teus datos e os do destinatario estean nun lugar visible sobre a embalaxe. 
  • Entrega a domicilio baixo sinatura. Se non se pode realizar, estará dispoñible durante 15 días na oficina máis próxima. 
  • Lembra que podes xerar a etiqueta e pagar o envío aquí mesmo

Garantías e prazos de entrega

Se o teu envío sofre algunha incidencia ao chegar ao seu destino, dende Correos indemnizámoste. Se prefires que a compensación sexa cobrada polo destinatario, deberás presentarnos unha autorización asinada.

Sabemos que confías en nós e esta é a nosa maneira de agradecercho:

Garantías Nacionais
Por deterioración:
  • Prazos para poder formular unha incidencia ou reclamación: Mínimo 10 días e máximo 6 meses dende a data de admisión do envío.
  •  Indemnización: Desde o 27/06/2021 a indemnización será a tarifa aboada multiplicada por 4, máis o valor declarado no caso de telo contratado. Anterior a esta data, a indemnización era de 23,44 euros máis o valor declarado contratado. 
  • No caso de sinistro, aboarase a menor das seguintes cantidades:
    • Polo valor declarado.
    • Por reposición do obxecto extraviado.
    • Por reparación do obxecto danado.
  • Condicións: cómpre comunicar a  deterioración no momento de recepción do envío. Pola contra, consideramos que o envío se entregou en bo estado. Non poderemos admitir reclamacións por dano/deterioración ou falta de contido destes produtos se se constata con posterioridade á entrega.
  • Documentos para achegar: podémosche solicitar fotos da embalaxe e do contido danado, para comprobar o dano e se a embalaxe é axeitada para garantir a integridade do envío. Durante a admisión, o persoal de Correos pódeche asesorar sobre como preparar o teu envío e ofrecerche a embalaxe máis axeitada.
  • No caso de reclamación dun envío extraviado, deteriorado ou con falta de contido, con seguro ou valor declarado, poderemos solicitar un documento xustificativo do valor da mercadoría, factura de reparación ou de reposición.
Por extravío:
 
  • Prazos para poder formular unha incidencia ou reclamación: Mínimo 10 días e máximo 6 meses dende a data de admisión do envío.
  •  Indemnización: Desde o 27/06/2021 a indemnización será a tarifa aboada multiplicada por 4, máis o valor declarado no caso de telo contratado. Anterior a esta data, a indemnización era de 23,44 euros máis o valor declarado contratado. 

Prezos

Consulta a túa tarifa aquí ou nas oficinas de Correos.