Aínda non conseguimos ser máis rápidos que a velocidade da luz. Non obstante, co noso novo Servizo Especial de Paquetaría, achegámonos aínda máis á inmediatez. Ofrecémosche unha xestión na que sen dúbida aforrarás tempo no envío de paquetes a domicilio.
Sen moverte da casa, Correos pon á túa dispoñibilidade o seu servizo de paquetería a domicilio. Encargarémonos de recoller o paquete, preparalo e entregalo onde ti nos digas. Envía os teus paquetes cando queiras. Correos faino por ti!
Xestionar o envío de paquetes a domicilio é máis doado que nunca. Só tes que elixir a modalidade que máis se adapte ás túas necesidades e, nun par de pasos, terás rematado o proceso de admisión.
Soa ben, non si? Sigue lendo para coñecelo en profundidade.
Características do Servizo Especial de Paquetaría
Poñemos á túa disposición o Servizo Especial de Paquetería, a solución ás túas necesidades de transporte de paquetería entre particulares:
Proceso de recollida
Xa non é necesario que che despraces ata unha das nosas oficinas para depositar os teus envíos, co Servizo Especial de Paquetería, agora Correos encárgase de recollelos e envialos por ti. Como funciona? Moi doado, só terás que encher os datos do enderezo e o día que queres que recollamos o teu envío. Encontrarás o acceso para seleccionar esta opción na casa do primeiro paso.
Pero... non só iso! Despois da recollida a domicilio, encargarémonos de imprimir a etiqueta de envío por ti para que só teñas que preocuparte de ter listo o paquete.
Importante! Recorda que o peso do envío non poderá superar os 20 kg.
Prazos de entrega
Os prazos de entrega son flexibles e variarán en función dos produtos que desexes enviar.
Importante! O Servizo Especial de Paquetaría só está dispoñible para Península e Illas Baleares.
Prezos
O prezo dependerá do tipo de envío que elixises.