Tarifa plana

O teu envío a un prezo fixo, como e cando queiras.

dende

13,50 €

Servizos adicionais

Reembolso

Recibe o cobramento dos teus envíos de xeito máis seguro, sinxelo e fiable. Dende Correos reembolsámosche a cantidade aboada previamente polo destinatario e que aparece no envío.

Seguros

Asegura aínda máis os documentos ou mercadorías máis importantes.
MÁIS INFO
Achégate a unha oficina de Correos e elixe a túa embalaxe de Tarifa Plana Nacional preferida entre sobre acolchado ou ríxido e caixa mediana ou grande.
Prepara o teu envío. Pecha ben a embalaxe e facilítanos os datos do remitente e destinatario.
Pídenos contratar a Tarifa Plana Nacional. Encargámonos de chegue ao seu destino.

Información do produto

Descrición

A Tarifa Plana é a opción ideal para particulares e pemes que queren xestionar os seus envíos comodamente e ao mellor prezo:

  • Á túa medida: elixe o prazo de entrega e a embalaxe que mellor se adapta ás túas necesidades. Aseguramos un prezo fixo, pese o que pese o teu envío.
  • Con garantías: dous intentos de entrega con comprobante dixital en tempo real. Inclúe localización inmediata do destinatario en caso de ausencia.
  • Pola túa tranquilidade: seguimento online do teu envío en todo momento e xestión de incidencias. Ademais, o Paquete Premium e Paquete Estándar inclúen un seguro básico de 101 €.
  • Preto de ti: dispoñible para envíos nacionais e Portugal, con variación segundo o produto de paquetería concreto. Tamén dispoñible a nosa Tarifa Plana Internacional.

Detalles de envío

Para aplicarche a Tarifa Plana só precisamos que elixas entre estas embalaxes en todas as oficinas de Correos:

Dimensións:

  • Sobre acolchado: 445 x 300 mm
  • Sobre ríxido: 445 x 320 mm
  • Caixa mediana: 390 x 280 x 190 mm
  • Caixa grande: 500 x 300 x 300 mm

E non te terás que preocupar polo peso!

O teu envío poderá pesar o que sexa, sen límites. Iso si, terá que axustarse á embalaxe que elixas para que poida circular de xeito seguro.

Xa só queda que nos digas onde queres que o levemos.

Garantías e prazos de entrega

Con todas as garantías que ofrecemos dende Correos.

Localiza a túa oficina de Correos máis próxima e tráenos o teu envío, sexa cal sexa o prazo de entrega que prefiras entregarémolo a tempo:

  • Paq 10: antes das 10:00 do día seguinte.
  • Paq 24: ao día seguinte.
  • Paquete Premium: antes de 48 horas.
  • Paquete Estándar: antes de 72 horas.

Prezos

Elixe a opción que máis se adapte ás túas necesidades. Aseguramos un prezo fixo sen importar o peso do teu envío.

Achégate á nosa oficinas e informámoste.