Paq Maleta

Viaxar con equipaxe está pasado de moda. Agora con Correos as túas maletas van directas ás vacacións e volven a casa sen necesidade de ter que cargar con elas.

Achégate a calquera das nosas oficinas  e contrata o Paq. Maleta. 
Deposita a túa equipaxe en calquera das nosas sucursais ou solicita a súa recollida a domicilio.
En caso de recollida en domicilio, pega as etiquetas que che facilitamos no momento da contratación en cada unha das maletas para transportar.
Non esquezas o teu DNI á hora de recoller a túa equipaxe, onde decidiras que cho entreguemos (domicilio ou oficina de Correos).

Información do produto

Descrición

As vacacións son para desconectar e gozar. Bastante tes con facer as maletas como para tamén ter que cargar con elas ata o destino. Algunha vez pensaches comezar a túa viaxe só co imprescindible? En Correos facemos o teu soño realidade co “Paq Maleta”! 

 Este servizo é a opción máis cómoda para realizar a túa viaxe: levámosche as túas maletas onde queiras, con cobertura en todo territorio nacional peninsular e Baleares. Sube ao coche, ao tren ou ao avión sen preocupacións. Levar as maletas ás costas xa é cousa do pasado.

Propoñémosche un proceso moi sinxelo! Recollemos a túa equipaxe onde nos indiques ou, se o prefires, podes depositalo en calquera das nosas oficinas. Entregámolo en 24 horas se o traxecto é entre capitais de provincia con conexións máis frecuentes, ou en 48 horas no resto de destinos peninsulares.

Detalles de envío

O servizo “Paq Maleta” permíteche enviar ata 5 vultos por envío cun peso máximo por maleta de 25kg. Importante! Dispós de 230 destinos nacionais aos que poderás enviar a túa equipaxe.

Á hora da recollida da túa equipaxe, só terás que identificarte presentado o teu DNI, Pasaporte, Permiso de conducir, Tarxeta de residencia ou Documento de identificación que incorpore fotografía, sexa válido e se encontre en vigor no momento da entrega

Queres que outra persoa recolla as túas pertenzas?

Neste caso, a persoa encargada de recoller a equipaxe no teu lugar deberá presentar unha autorización asinada na que se recollan tanto os teus datos persoais coma os datos do autorizado, xunto cunha fotocopia do teu DNI.

Prezo

Consulta o prezo nas nosas oficinas de Correos