Embalaxes Ecolóxicas Liña Bosques

O lóxico é ser ecolóxicos, e por iso a nosa gama de embalaxes é sostible.

COMPRAR
Embalaxes Ecolóxicas Liña Bosques COMPRAR
Compra a túa Embalaxe Ecolóxica Liña Bosques a través da nosa Tenda online ou en calquera das oficinas de Correos.
Prepara o teu envío. Escribe os teus datos e os do destinatario con letra clara nun lugar visible da embalaxe e péchao ben.
Ven a vernos! Localiza a túa oficina ou caixa de correo de Correos máis próxima e deposita o teu envío. Encargámonos de que chegue ao seu destino.

Información do produto

Descrición

En Correos coidamos do que nos importa e por iso creamos a nosa Liña Bosques, unha gama de embalaxes sostibles realizadas con materiais respectuosos co ambiente.

O noso propósito é concienciar as persoas cara a un comportamento de compra máis sostible, que aposte por produtos máis ecolóxicos. Por iso escribímolo ben claro en cada unha das nosas embalaxes, para que sexas consciente do importante que é o teu gran de area.

A Liña Bosques ofrece unha ampla variedade de formatos adaptados a todos os teus envíos, que poderás adquirir a través da nosa Tenda online ou en calquera das nosas oficinas:

Sobres acolchados de papel con reforzo interior para protexer o seu contido:

  • Pequeno: 220 x 265 mm.
  • Mediano: 260 x 360 mm.
  • Grande: 300 x 445 mm.

Sobres semirríxidos de papel e cunha das súas caras en cartón para envíos que non se deben dobrar nin engurrar:

  • Pequeno: 170 x 245 mm.
  • Mediano: 270 x 360 mm.
  • Grande: 310 x 445 mm.

Caixas de cartón, doadas de montar e con peche adhesivo de alta resistencia:

  • Pequeno: 230 x 140 x 80 mm.
  • Mediano: 317 x 215 x 125 mm.
  • Grande: 390 x 280 x 190 mm.
  • Grande+: 500 x 300 x 300 mm
  • Supergrande de cartón dobre para maior resistencia: 590 x 390 x 390 mm.

Caixas especiais:

  • Caixa de botellas con reforzo interior para protexer e axustarse á botella:
    • Para unha botella: 390 x 120 x 110 mm.
    • Para dúas botellas: 390 x 215 x 110 mm.
    • Para tres botellas: 390 X 360 X 110 mm.
  • Caixa trapecio para envíos de planos ou calquera tipo de documento de formato enrolado e de gran tamaño: 720 x 70 x (135-60) mm.

Prezo

Cada envío ten a súa tarifa e en Correos temos as mellores