O lóxico é ser ecolóxicos, e por iso a nosa gama de embalaxes é sostible.
En Correos coidamos do que nos importa e por iso creamos a nosa Línea Bosques, unha gama de embalaxes sostibles realizadas con materiais respectuosos co ambiente.
Ademais, colaboramos con WWF España e con Plantemos para el Planeta-Ardilla Connecting Life en proxectos de reforestación, doándolles 3 céntimos pola compra de calquera destes produtos.
O noso propósito é concienciar as persoas cara a un comportamento de compra máis sostible, que aposte por produtos máis ecolóxicos. Por iso escribímolo ben claro en cada unha das nosas embalaxes, para que sexas consciente do importante que é o teu gran de area.
A Línea Bosques ofrece unha ampla variedade de formatos adaptados a todos os teus envíos, que poderás adquirir a través da nosa Tienda Online ou en calquera das nosas oficinas:
Sobres acolchados de papel con reforzo interior de burbullas:
Sobres semirríxidos de papel e cunha das súas caras en cartón para envíos que non deben dobrarse nin engurrarse:
Caixas de cartón, doadas de montar e con peche adhesivo de alta resistencia:
Caixas especiais: