Tarxeta Correos Prepagamento para o Camiño de Santiago

Leva o teu diñeiro de forma segura e goza do Camiño sen preocupacións.

Dende

6 €

Solicita a túa Tarxeta Correos Prepagamento en calquera oficina de Correos, sen complicacións nin esperas.
Carga o diñeiro que necesites e controla o teu gasto durante o Camiño. Poderás xestionar a túa Tarxeta co móbil a través da App.
Goza do Camiño de Santiago sen preocupacións! Paga coa túa tarxeta, retira efectivo en caixeiros ou realiza compras online de forma segura.

Información do produto

Descrición

A Tarxeta Correos Prepagamento para o Camiño de Santiago é a solución ás túas dúbidas sobre que facer co diñeiro durante a túa Ruta.

Decide o diñeiro que necesitas e lévao sempre baixo control. Sen vínculos con ningunha conta bancaria e coa posibilidade de facer seguimento de todos os teus movementos dende o móbil: ver o teu saldo, facer recargas ou compartir diñeiro. Ademais, se es estranxeiro aforra o cambio de divisas.

Visita calquera oficina de Correos e faite coa túa tarxeta no momento, carga o diñeiro que necesites e lánzate a vivir a aventura do Camiño de Santiago.

  • Tarifa: 6€ (IVE incluído).
  • Recarga mínima: dende 10€.
  • Recarga máxima inicial: 1.000€.
  • Recarga máxima posterior diaria: ata 5.000€.
  • Saldo máximo en tarxeta: 7.500€.
  • Retirada de efectivo máxima diaria: 600€.
  • Múltiples recargas.

Prezo

Prezo de emisión 6€.

Consulta todas as condicións da túa Tarxeta.