Garda cada experiencia do Camiño de Santiago na túa mochila sen necesidade de cargar con ela.
Dende
4,5 €
Facer o Camiño de Santiago é unha experiencia única, cheo de vivencias que gardar na túa mochila. Por iso queremos axudarte a cargar con ela!
Déixanos acompañarte en cada unha das túas etapas co noso Paq Mochila, levaremos diariamente a túa equipaxe dun aloxamento a outro durante todo o Camiño para que ti só teñas que gozar del.
Un dos nosos carteiros pasará a primeira hora da mañá a recoller a túa mochila no aloxamento que nos indiques, e deixarao antes das 14:30 no hostal, hotel ou albergue que elixises na seguinte etapa.
O Paq Mochila, agora máis seguro. Mandámosche un aviso cando a túa mochila sexa recollida e cando sexa entregada.
Dende o 1 de xaneiro de 2021, o servizo Paq Mochila inclúe un sistema de trazabilidade para que saibas en que momento se recolle e se entrega a túa equipaxe. Só tes que colgar na túa mochila a etiqueta que se achega coa reserva e, grazas ao código QR que inclúe, recibirás no teu mail os avisos. Así poderás camiñar sen cargas e coa tranquilidade de saber onde está a túa equipaxe.
Bo Camiño!
O Paq Mochila está dispoñible todo o ano entre Sarria e Santiago e do 1 de abril ao 31 de outubro nas principais Rutas Xacobeas de España. Ti só elixe o teu Camiño, que nós te seguimos:
Iso si, necesitamos que o peso da túa equipaxe non supere os 15 kg.
E que non esquezas que o percorrido máximo diario é de 60 km.