Regularización Extraordinaria para Persoas Migrantes

Fase de emenda da documentación presentada nas solicitudes.

Fase de Emenda de Documentación

Unha vez finalizado o prazo para a solicitude de Regularización Extraordinaria para Persoas migrantes, comeza o proceso de emenda de documentación, para aquelas persoas que realizasen a solicitude e deban achegar documentación adicional ao proceso. 
Información básica

Cando comeza a fase de emenda?

Finalizado o prazo de solicitude de Regularización Extraordinaria o 30 de xuño, iníciase o período da emenda de documentación.

A quen vai dirixida esta medida?

Dirixido a aqueles solicitantes que presentasen a súa solicitude en prazo e que necesiten achegar documentación adicional, ben por iniciativa propia (ampliación de información) ou como resposta a un requirimento de emenda por documentación non achegada, incorrecta ou incompleta.

Que requisitos son necesarios?

Presentar unha solicitude de Regularización Extraordinaria para persoas migrantes no prazo establecido, dende o 16 de abril ata o 30 de xuño de 2026. 

 
Podes presentar a túa documentación nas oficinas de Correos habilitadas para este servizo

O servizo préstase en 110 oficinas de Correos, nos seguintes horarios:

Oficinas habilitadas para o proceso de emenda