Distintivo Ambiental DXT

Se o teu vehículo é respectuoso co ambiente, merece un Distintivo.

Dende

5 €

COMPRAR
Distintivo Ambiental DXT Dende 5 € COMPRAR
Compra o teu Distintivo Ambiental a través de calquera das nosas oficinas ou por Correos Market.
Presenta a documentación, necesitamos o permiso de circulación do vehículo para o que se solicita o Distintivo e o DNI do titular do vehículo ou o da persoa autorizada que solicita o Distintivo. 
Colócao no parabrisas do teu vehículo, no ángulo inferior dereito ou en calquera outro lugar visible do vehículo.

Como conseguir o teu distintivo ambiental, paso a paso

 

 

Información do produto

Descrición

O Distintivo Ambiental DXT é unha etiqueta que permite identificar rapidamente os vehículos máis respectuosos co ambiente. Debe colocarse no ángulo inferior dereito do parabrisas e, aínda que é voluntaria, recoméndase tela:

  • Material: adhesivo
  • Tamaño: diámetro 97 mm (vehículos e furgonetas) e 87 mm (motocicletas).

Existen catro tipos de Distintivo en función do potencial contaminante:

1. Distintivo cero emisións, de cor azul, aplícase a:

  • Vehículos eléctricos con batería (BEV).
  • Vehículos eléctricos con autonomía estendida (REEV).
  • Vehículos eléctricos híbridos enchufables (PHEV) cunha autonomía mínima de 40 km.
  • Vehículos de pila de combustible.

2. Distintivo eco, de cor verde e azul, aplícase a:

  • Vehículos híbridos enchufables con autonomía inferior a 40 km.
  • Vehículos híbridos non enchufables (HEV).
  • Vehículos propulsados por gas natural.
  • Vehículos propulsados por gas natural (GNC e GNL) ou gas licuado do petróleo (GLP).

3. Distintivo C, de cor verde, aplícase a:

  • Turismos e furgonetas lixeiras de gasolina matriculadas a partir de xaneiro de 2006.
  • Turismos e furgonetas lixeiras diésel matriculadas a partir de 2014.
  • Vehículos de máis de 8 prazas e pesados, de gasolina ou diésel, matriculados a partir de 2014.

Os vehículos de gasolina deben cumprir a norma Euro 4,5 e 6, e os diésel a Euro 6.

4. Distintivo B, de cor amarela, aplícase a:

  • Turismos e furgonetas lixeiras de gasolina matriculadas a partir de xaneiro de 2000.
  • Turismos e furgonetas lixeiras diésel matriculadas a partir de xaneiro de 2006.
  • Vehículos de máis de 8 prazas e pesados, de gasolina ou diésel, matriculados a partir de 2005
  • Os vehículos de gasolina deben cumprir a norma Euro 3 e os diésel a Euro 4 e 5.

Existen dous tipos de etiquetas, para motos e outros vehículos, pero todos teñen o mesmo custo:

  • Ciclomotores de dúas e tres rodas con cilindrada inferior a 50 cm³ se é de combustión interna e velocidade máxima non superior a 45 km/h.
  • Cuadriciclos lixeiros cunha masa en baleiro inferior a 350 kg (sen incluír a masa das baterías en caso de eléctricos), velocidade máxima non superior a 45 km/h, cilindrada inferior ou igual a 50 cm³ para motores de explosión ou unha potencia igual ou inferior a 4 kW para outros tipos de motores.
  • Motocicletas de dúas rodas con ou sen sidecar con cilindrada superior a 50 cm³, se é de combustión interna, e velocidade máxima superior a 45 km/h.

Podes consultar o que lle corresponde á túa moto na web da DXT

Detalles do envío

Compra o teu Distintivo Ambiental DXT en Correos Market.

Recorda que para que poidamos imprimir e enviarche o Distintivo que corresponde ao teu vehículo, necesitamos que achegues ao teu pedido unha imaxe na que se poida ver con claridade:

  • O permiso de circulación do vehículo para o que se solicita o Distintivo.
  • O DNI do titular do vehículo ou a persoa autorizada que solicita o Distintivo.

Deberás achegar os documentos en formato PDF, JPG, JPEG, GIF ou PNG no campo "Personalizar" na Cesta da compra, antes de finalizar e pagar o teu pedido. Sen esta información, non se poderá enviar o Distintivo.

Se necesitas comprar varios Distintivos ambientais nun único pedido, podes seguir os mesmos pasos que na compra dun Distintivo:

  • Paso 1: Comproba que Distintivo Ambiental lle corresponde a cada un dos vehículos na web da DXT.
  • Paso 2: Selecciona todos os Distintivos que necesites e engádeos á cesta.
  • Paso 3: Presenta os documentos (pode ser en formato PDF, TXT, PPT) nos que se poidan ver claramente as imaxes de cada un dos permisos de circulación e dos DNI ou persoas autorizadas dos Distintivos que solicites.
  • Paso 4: Realiza o pagamento. Se tes calquera dúbida, podes poñerte en contacto connosco desde o seguinte formulario Estaremos encantados de axudarche!

En caso de que vaias adquirir máis dun Distintivo e non teñas un documento con toda a información solicitada, podes ir engadíndoos dun nun ao carriño, cada un coa súa documentación:

  • Paso 1: Engade un Distintivo ao carriño da compra.
  • Paso 2: Presenta a documentación deste.
  • Paso 3: Volve á tenda e engade outro distintivo ao carriño.
  • Paso 4: Achega a documentación do segundo vehículo e repite o proceso.

Cando realices o pagamento enviarémosche un correo electrónico de confirmación co código do teu pedido. Se non te chega, revisa a carpeta de Correo non desexado.

Tras comprobar que a documentación é correcta, o pedido será procesado. Nese momento recibirás outro correo electrónico co código de seguimento para que poidas localizar o teu paquete cando o necesites.

Iso si, unha vez procesemos o pedido non será posible solicitar a devolución do distintivo ambiental, dado que se trata dun produto personalizado.

En caso de que haxa algún erro no pedido, ponte en contacto connosco e cancélao se aínda non foi procesado. Para iso, contacta connosco no seguinte formulario nas 24 horas posteriores á compra.

Prezo

O prezo do Distintivo Ambiental DXT é de 5€.